SEMANA DA PRENSA

Na Semana da Prensa (7-11 de marzo) traballamos en todo o cole arredor de noticias relacionadas co PDI "Estamos Aquí", as cales chegaron cada día aos nosos buzóns.






Estas mesmas novas tamén foron compartidas mediante audios preparados polo noso Equipo de Voluntariado da biblio, favorecendo que esta información chegase a través de múltiples canais.

O alumnado de Educación Infantil fixo tamén propostas en relación a esta conmemoración:

4 ANOS

Convertéronse en xornalistas, elaborando e explicando nun podcast as conclusións e observacións que sacaron dun experimento feito na clase sobre a descomposición de residuos.




Aquí podedes escoitar o podcast da aula de 4 anos A



Aquí podedes escoitar o podcast da aula de 4 anos B


5 ANOS

Traballaron con diferentes xornais e coa súa tipoloxía textual, recoñecendo as súas partes e mesturándoas para crear "novas tolas".






Comentarios