DÍA INTERNACIONAL DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE

Nesta semana na que conmemoramos o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade", xs peques de Infantil gozaron na biblio dun contacontos organizado polo Concello de Mos e levado a cabo pola Fundación Igualarte, co seu grupo de animación VARIOPINTO, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os ámbitos da vida.

A través da representación do conto “Elmer” polos integrantes de Variopinto, con animación musical inicial, educámonos en valores como o respecto, a tolerancia, a aceptación das diferencias, a importancia de ser un mesmo, celebrando o ser DIVERSO.












Ademáis, tamén podemos gozar de lecturas seleccionadas para esta data, enriquecéndonos da e coa diversidade, onde se contan as súas historias, habilitando os seus dereitos. 






Comentarios