CHARLA DE EXPERTOS

O pasado 1 e 2 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita duns expertos en materia de fabricación e tipoloxía de plásticos: Alfredo (papá do cole) e Diego, o seu compañeiro de traballo. 

Ambos prestáronnos o seu coneñecemento en materia destes residuos e da súa contaminación, enriquecendo e proporcionando experiencias reais ao noso alumnado.

De forma moi práctica e visual, explicáronnos a varieda en tipoloxía de plásticos, o proceso de fabricación, o ciclo de vida deste material, as consecuencias da contaminación que xeneran, e sobre todo, a importancia das 4R, fomentando así os hábitos que debemos ter en conta fronte aos residuos.

Ademais, acompañaron a charla cunha impresora 3D, visualiazando en directo a creación dunha pequena peza,  agasaiando a casa aula con ela, e ata crearon un xogo matemático para o cole!

Aquí temos un anaquiño desta interesante e práctica charla, relacionada co noso PDI "Estamos aquí", creando conciencia sobre a necesidade de coidar e protexer ao noso planeta.

Moitas grazas Alfredo e Diego, por agasaiarnos co voso coñecemento e experiencia de forma tan altruista. Todo o noso agradacemento e noraboa polo éxito das sesións.

Ben seguro que plantáchedes unha gran semilliña en todxs nós.








Comentarios