25N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar esta data, desenvolvemos dende o centro diferentes accións que abordan os estereotipos de xénero e a non discriminación, desenvolvendo valores tan importantes como o respecto e a tolerancia, traballando dende a prevención e a convivencia. 

OBRADOIRO "NIN ACOSO, NIN AMOSO": contra o bullying e cyberbullying de xénero impartido pola nosa teacher Alba Alonso Feijoo de Realkiddys ao alumnado de sexto de EP. Neste obradoiro traballaron os diferentes eixes do xénero para evitar que este acoso siga sendo o mais frecuente. Facendo uso da metodoloxía "Design Thinking" o noso alumnado creou unhas maquetas cas que loitar contra o acoso e a favor da diversidade.





O alumnado de Ed. Infantil traballou a partir de CONTOS da biblio para previr a violencia de xénero e desenvolver os valores democráticos de igualdade e cidadanía, entre eles:

"VIVAN LAS UÑAS DE COLORES"





"GUAPA"





"O TENDAL DA IGUALDADE": Froito do traballo no Club de Convivencia, a través dxs embaixadorxs de igualdade, todo o alumnado do centro deseñou camisolas con mensaxes impactantes. Algunhas delas faranse realidade!








"INSTALACIÓN": As nenas e nenos de EI crearon unha instalación no corredor principal do centro, empregando follas que pintaron e decoraron con palabras en prol da igualdade e a convivencia. Facendo así uso da palabra e a linguaxe para facer fronte á violencia machista.






A máis visibilidade e concienciación, mellor será a sociedade que o noso alumnado represente.

Porque a loita contra a violencia e o acoso é de todxs!



Comentarios