NOVEMBRO: MES DA CIENCIA E DA INNOVACIÓN

Novembro foi o mes da Ciencia e a Innovación e dende o cole non quixemos deixar pasar esta oportunidade para organizar unha actividade que o alumnado desenvolveu na biblioteca na súa hora semanal asignada.

A ciencia forma parte das nosas vidas, danos respostas para entender o mundo, explicar os cambios, buscar solucións... 

Así, quixemos conmemorar esta data reflexionando sobre a súa importancia, tendo en conta e moi presente que a curiosidade e a investigación son aspectos que debemos manter latentes nos nosos centros e no noso alumnado, 

Seguindo a temática do PDI de centro, na biblioteca apareceron uns exemplares de diferentes pegadas, acompañadas dunhas propostas para investigar e experimentar. 

Ademais, dotouse un espazo diferenciado para expoñer novidades relacionadas cos animais, onde podían acudir para buscar información.



Cada clase debía escoller unha das pegadas e investigar de que animal podía tratarse, así como experimentar coas propias pegadas mediante un experimento.



Invitamos tamén ao alumnado a investigar e descubrir máis pegadas, facendo algunhas actividades moi interesantes en diferentes clases.

Aquí deixamos uns primeiros resultados:









Comentarios