ABRIMOS AS NOSAS PORTAS. CURSO 2020-2021
Con moita ilusión, esta semana as portas da nosa biblioteca volven a abrirse, ainda que con certos cambios no funcionamento dos espazos e do emprego dos recursos.
Estaremos abertos en horario lectivo para que todas as clases teñan o seu momento de biblioteca, así como de préstamo de aula e individual.
Aquí vos deixamos as principais ideas e imaxes do noso protocolo de acceso e uso da biblioteca:
Agardamos que a biblioteca escolar siga sendo un espazo de encontro, investigación e moitas lecturas!
Poderedes ir accedendo as nosas novidades tanto a través de este blog, como das redes sociais do cole: Twitter, Instagram e Facebook.
Estade moi atentxs que axiña volveremos con novidades...
"Sempre imaxinei que o paraíso sería un tipo de biblioteca"
JL Borges
FAGAMOS, ENTRE TODXS, QUE A NOSA BIBLIOTECA SIGA SENDO UN LUGAR MARABILLOSO.
Comentarios