#EuLeoNaCasa

Este mes de abril ven cargadiño de celebracións!. Hoxe 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e a semana do 20-24 de abril conmemórase polo calendario escolar a Semana do Libro. 

E non coñecemos un lugar mellor para celebralo que a nosa biblioteca, nin mellores personaxes que todos vós, os que día a día formades parte do cole, nenxs, familias e profes!

Así que, o que vos recomendamos facer neste mes para celebralo é... LER!! 

Ademáis, animámosvos a participar nunha actividade durante este mes (plazo ata o 30 de abril):

Consiste en facer unha recomendación lectora en formato video dun conto ou libro que recomendedes (pode ser un que teñades na casa ou que lérades e vos gustou tanto tanto como para recomendalo), especificando o título e a vosa xustificación de recomendación. Despois enviades o video ao correo da biblio bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com, e nós encargarémonos de facer unha montaxe para publicala posteriormente e compartir coa comunidade educativa. 

Así... animarase alguén a ler o teu libro?





AGARDAMOS AS VOSAS RECOMENDACIÓNS!!


Ofrecemos tamén algúns recursos de interese para nenxs (e non tan nenxs) por si vos apetece ler ou ver outros libros e contos.

KALANDRAKA TV. Canal de TV dixital de literatura infantil e xuvenil.

Contos OQO Editora.

Contos en pixama

Contos con pictogramas

Plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato dixital, gratuito. Só hai que rexistrase.

Contos que trata sobre o Coronavirus

Permite descargar gratis 3 dos seus libros: Leotolda, En familia, Pájaro Amarillo.





Cada ano, encoméndase a unha nación a realización dun cartel e unha mensaxe para conmemorar o día de hoxe, que logo se traduce a todas as linguas presentes na organización. Este ano 2020 foi Eslovenia o país que realizou o cartel empregando o texto de Peter Svetina e o cartel de Damijan Stepancic.





"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro"
Emily Dickinson





Comentarios