DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 2ª PARTE

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como "Día Internacional da Muller Traballadora", conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. 

Este ano, o tema proposto pola ONU denomínase "Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres", no cal podedes obter mais información na súa páxina:  https://www.un.org/es/observances/womens-day


"Houbo unha época na que as mulleres estaban sin estar. Os seus corpos, o seu traballo, os seus talentos sí estaban, pero os seus nomes e as súas voces non.

Este ano polo 8 de marzo, fomos da man de Xulio Verne a buscalas no fondo do mar, dando a volta ao mundo ou como fixera falta. Para elo, tivemos que ser valentes, intrépidas, curiosas e rigurosas, tal como foi Xulio Verne nas súas aventuras. Pero o conseguimos e velaquí o que descubrimos"... (Alba Alonso Feijoo).

Así, realizamos varias actividades que dan visibilidade e protagonismo a este colectivo:

1. Cada alumno/a levou para súa casa un soporte onde reflexar unha muller importante para eles/as, explicando o motivo e mostrando unha foto. Así, creamos nun dos corredores unha exposición das "Mulleres importantes da nosa vida", a cal está aberta para toda a comunidade educativa.





2. En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o alumnado agasaiounos cunha pequena exposición de "Mulleres pioneiras galegas", abrindo todas as xanelas para mostrar o seu coñecemento e dar a súa voz.




3. O alumnado de Educación Infantil, descubriu e mostrounos mulleres tan importantes como estas:







"Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres"
Rosa Luxemburgo

Comentarios