E CHEGARON AS PARALIMPÍADAS!
Como remate ao noso proxecto documental integrado mañán mércores celebraremos as nosas paralimpíadas contando cuns invitados/as de luxo, 16 usuarios/as de ACEESCA compartirán con nós o día e axudarannos a que todo saia ben actuando como verdadeiros representantes do Comité Olímpico Internacional.
Mentras, hoxe, estivemos preparando as probas e ademais gozando coas últimas lecturas do curso, neste caso á sombriña no "xardín" da biblioteca
A descrición das probas que se van celebrar durante as paralimpíadas son as seguintes:
Mentras, hoxe, estivemos preparando as probas e ademais gozando coas últimas lecturas do curso, neste caso á sombriña no "xardín" da biblioteca
A descrición das probas que se van celebrar durante as paralimpíadas son as seguintes:
-
1. CARREIRA DE
OBSTÁCULOS:
Neste xogo o alumnado farase conta da importancia
do sentido da vista e das dificultades e obstáculos que atopan as persoas
invidentes no seu día a día.
Alumnado de 6º: Preséntase e
explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de
ACEESCA (membros do COI).
Dinámica: Nun circuito
con conos espallados, os/as nenos e nenas terán que percorrelo cos ollos
vendados. Non hai gañadores, o premio está en chegar sen mover os conos e ¡pasalo
ben!
Alumnado de
ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, tendo en conta de que ningún cativo
faga trampas e axudándolles mediante indicacións (dereita - esquerda), ou ben,
cos máis pequenos (especialmente de Infantil) tocando os ombreiros dos rapaces
para indicar o camino. Se teñen que xirar á dereita tocanto este ombreiro, se
teñen que xirar á esquerda, do mesmo xeito, cara diante, atrás, etc.
- 2. TIRAR
Á DINANA COA MAN NON DOMINANTE
Neste xogo o alumnado terá en conta a dificultade
que supón non ter un brazo e tamén como é posible realizar actividades que
requiran certa dificultade a pesares dos obstáculos.
Alumnado de 6º: Preséntase e
explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de
ACEESCA.
Dinámica: Haberá unha
diana con dieferentes puntuacións. Os nenos e nenas tirarán pelotas coa man non
dominante, é dicir, se son zurdos coa destra e se son destros coa zurda. Non
gaña ningún, pois non se suman puntuacións, o premio está en aguzar a puntería
tendo en conta a dificultade. Se son nenos de Infantil e non saben cal é a
destra ou a zurda tirarán igualmente sen este hándicap. Non se trata de
fomentar a competitividade ou a rixidez nas normas senón pasar unha mañá
divertida!
Alumnado de
ACEESCA: Se encargará de que os cursos formen dúas filas, unha para cada diana, e
farán unha arbitraxe para que os nenos non fagan trampas e teñan sempre a man
indicada (ou simplemente unha delas) pegada ás costas.
-
3. CASCABEIS NA
CANASTA
Neste xogo o alumnado farase conta da importancia
do sentido do oído, especialmente para aqueles que non teñen o sentido da
vista.
Alumnado de 6º: Preséntase e
explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de
ACEESCA, membros do COI.
Dinámica: Se colocarán
uns cascabéis nunha canasta que se farán soar axitando as redes cunha pica.
Noutro extremo, colocaranse os nenos que levarán os ollos vendados orientándose
polo sentido do oído.
Alumnado de
ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, no mesmo sentido que no xogo primeiro e
ademáis poden abanear as canastas e entregar os balóns. Estarán axudados polos
alumnos de 6º.
-
4. CARREIRA CON
CULLERES COAS MANS ATADAS
Neste xogo o alumnado farase conta da importancia
que teñen as extremidades superiores, especialmente cando necesitamos realizar
unha actividade que requira equilibrio; e tamén a importancia de superarse a
pesar dos obstáculos.
Alumnado de 6º: Preséntase e
explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de
ACEESCA.
Dinámica: En dúas filas
(que organizarán os nenos de 6º ou ben os mozos de ACEESCA), o alumnado coas
mans atadas percorrerá unha distancia cunha bola sobre unha culler que
suxeitará coas mans. En caso de caírselles a bola, deberán voltar á liña de
meta. O xogo rematará cando todos os nenos pasen pola liña de meta. Non gaña
ninguén. Todos gañamos coa experiencia.
Alumnado de
ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, avisando ós/ás nenos/as ós que se lles
caian as bolas que deben voltar a liña de meta e dará o aviso de saída cun
silbato.
-
5. VOLEIBOL SENTADOS.
Trataríase de variar o deporte do balón volea
para tomar conciencia da situación de persoas que non poden usar as súas
extremidades inferiores e para percatarse de que podemos xogar un deporte a
pesar das dificultades.
Alumnado
de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación
presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.
Dinámica: O alumnado de
sexto (ou se o prefiren os invitados de ACEESCA) dividen o grupo en dous
equipos que se sentarán no chan para desfrutar dun partido de vóley pero sen
poder levantarse do chan. As normas non serán extremadamente ríxidas, senón que
se trata de pasalo ben e de tomar conciencia da situación.
Alumnado de
ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, tendo en conta de que ningún neno faga
trampas e axudando (xunto co alumnado de 6º) cos balóns. Levarán un silbato
para indicar cando comeza o xogo, cando remata ou ben se houbera o caso, cando
algún alumno faga trampas, se levante, etc.
- 6.
PROBA PARA LER OS LABIOS.
Nesta proba, tomaremos consciencia das
posibilidades que temos cando estamos imposibilitados na escoita, emulando as
dificultades que ten a comunidade hipoacúsica no seu día a día.
Alumnado
de 6º: Preséntase e explica a dinámica da proba. A continuación
presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.
Dinámica: Os nenos de 6º
e os invitados e representantes do COI, dividirán cada grupo de nenos en dous grupos a súa vez.
Formarán dúas filas e unha delas se colocará nunha mesiña onde deixaremos
varias mensaxes curtas que terán que ler (se son moi pequenos coa axuda do
titor, mestre de apoio ou especialista). A continuación dirán a mensaxe se
emitir ningún son, de modo que o primeiro ne no do otro grupo (que estará
formando unha fila xusto en frente) terá que adivinar a mensaxe.
(Todavía por ver: as mensaxes poderían ser dun
texto fácil que fale de inclusión, para logo pegar estes anacos nun lugar do
cole).
Alumnado de
ACEESCA: Serán os que organicen as filas coa axuda do alumnado de 6º. Ademáis
realizarán a arbitraxe, tendo en conta de que ningún neno faga trampas e
axudando quizáis a entregar as mensaxes.
-
7. CARREIRA Á PATA
COXA
Nesta
actividade tomaremos consciencia das dificultades que teríamos e situándonos no
lugar de alguén que non ten unha perna.
Alumnado
de 6º: Preséntase e explica a dinámica da proba. A continuación
presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.
Dinámica: Os nenos de 6º
e os invitados e representantes do COI, dividirán cada grupo de nenos en dous grupos a súa vez.
Formarán dúas filas e realizarán unha carreira por relevos á pata coxa. Se
poñen o pe no chan ou caen, teñen que volver empezar.
Alumnado de
ACEESCA: Serán os que organicen as filas coa axuda do alumnado de 6º. Ademáis
organizarán a arbitraxe, tendo en conta de que ningún neno faga trampas e
invitando a voltar á liña de meta ós rapaces que así obren.
-
8. ACTIVIDADE EXTRA:
ESCRIBIR COA BOCA A
FRASE “EU TAMÉN PODO”.
Adicaremos
a xornada a este concepto: todos podemos. Por este motivo e a medida que todos
os grups rematen os xogos (ou se é o caso, no momento en que lles toque),
realizarán esta actividade plástica e non deportiva.
Facilitaremos
a todos os menor papel e material para poder pintar, pero únicamente coa boca,
mediante adaptación de dito material. Así crearemos concienca de cómo algunas
persoas vencen as dificultades diarias con moito esforzó e paixón.
Alumnado
de 6º: Preséntase e explica a dinámica da actividade. A continuación
presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.
Dinámica: O alumnado
terá que escribir a frase “Eu tamén podo!, con material adaptado e empregando
únicamente a boca. Os nenos e nenas de infantil únicamente realizarán un debuxo
ou trazos sinxelos.
Alumnado de
ACEESCA: Axudarán co material, entregando papel e pinturas.
Ánimo a todos e a todas! Boas Paralimpíadas!
Comentarios