AVISO IMPORTANTE A NAVEGANTES LECTORES

Ola a todos, rapaciñxs!

Temos que darvos un aviso moi, moi importante!! 

Lembrades a actividade que temos pendente para novembro relacionada coa tradicion oral?

Pois xa estamos en novembro!! Así que tedes que ir buscando neses faiados as fotos antigas da avoa no cole, do tío Pepe con esa cara de traste, de mamá e as súas coletas,... De quen vós queirades que nos axude a festexar o mes da tradición no cole.


Estamos desexandeo ver esas fotos alucinantes, cheas de historietas e anécdotas das boas.  

E lembrade que se tedes un avó marchoso, unha avoa que non cala nin debaixo da auga ou uns pais os que lles guste falar moito dos seus tempos mozos no cole; estaremos encantados de recibilos para que nos falen das súas vivencias.

Este vai ser un mes para á lembranza e querémolo vivir con todxs vós.

Ata pronto, amiguiñxs!!

Comentarios