#DMPC

Ola a todxs, rapaces e rapazas do cole.

Hoxe, foi un día moi sinalado no noso colexio, e nós, Ratiño e Ratiña, nos enteramos dunha actividade que fixeron os nenos de 6º curso que vaga a pena mencionar.

Todxs vós, estades moi ao tanto das novas en tecnoloxía, comunicacións e redes sociais. E sí, xa sabemos, vos encantan!! Por este motivo, seguramente saberedes o que é un hashtag...

Efectivamente... #

Todo o que vai seguido desta icona, simboliza unha idea que quero destacar e agrupar na rede para que todo mundo teña acceso a ela, para darlle visibilidade.


Pois ben, dende os cursos de 6º, hoxe mesmo, pola mañá, traballaron co seguinte hashtag:


#DMPC


E que significa este hashtag? Pois é o recordatorio dunha data moi sinalada que todos nós deberiamos ter moi en conta: 

o Día Mundial pola Parálise cerebral.  

Miles de persoas inundan hoxe as redes sociais con selfies co hashtag, ou ben con estas pulseiras que simbolizan a concienciación neste evento.




O alumnado de 6º non quixo ser menos e tomouse os seus propios selfies cunha pulseira como esta da foto, facilitada por un compañeiro. A actividade consistiu en dar visibilidade a unha realidade cotiá que afecta a todxs no noso colexio.












Dende a biblioteca do cole e dende o CEIP Mestre Martínez Alonso, nos gustaría resaltar a labor desdes nenos que durante uns minutos tomaron conciencia do que significa ter unha capacitación "diferente" á que a sociedade nos marca como normal. Ademais convidámosvos a que reflexionemos entre todxs xs membros da comunidade educativa sobre o que a parálise cerebral supón para aqueles que a padecen, e como forma parte dunha realidade de todos os días para eles. Xuntos, podemos máis. E para mostra estes selfies.

Sodes estupendos, chicxs! O voso <3 é inmenso!



Ata pronto!


Comentarios