O CONTO VIAXEIRO

Ola a todos, razapada!!

Este ano voltamos cunha actividade que sabemos vos encanta!!





O CONTO VIAXEIRO!!!




Coma noutros anos decidimos que é unha boa idea retomar unha das actividades máis chulas da biblio. Se tedes boa memoria, trátase de facer un conto entre todxs xs nenxs do cole.  

Para facilitarvos a labor, xa lles entregamos aos titores unha copia coa temporalización das tarefas. Teredes que continuar o conto que iniciará 6ºB o día 22 deste mes cun prazo máximo dunha semana para cada curso

Ademáis,  para que quede moi moi chulo, ilustraredes a vosa parte do conto cunha imaxe representativa do voso relato.

Podedes empregar aquelas técnicas de imaxe que máis vos gusten (puntillismo, raiado, colage, fotografía, acuarela, branco e negro,...). Creatividade ao poder!!!

Aquí vos lembramos os turnos e as datas que vos corresponden.



Ratiño e Ratiña estamos desexando ver a vosa creación e prometemos colaborar con vós encuadernando este traballo para que quede como libro de consulta na biblio.

Que vos parece? Gústavos a idea? Podedes deixar algunha suxerencia nos comentarios!!!

Eeee, tres, dous, un...
 adiante, escritorxs!!!!

Abuuuuuur!!!

Comentarios

AULAS E.I. 5a dixo…
AS CLASES DE 5 ANOS A E B QUEREMOS PARTICIPAR. MOITAS GRAZAS.
PASÁMOLO MOI BEN TODOS ESTES CURSOS NA BIBLIOTECA.
GRAZAS POR PRESTARNOS OS CONTOS.
QUEREMOSVOS MOITO.
BICOS.
Anónimo dixo…
Os rapaces e rapazas de 6º A, pensamos que ser os últimos é o mellor!!! ímolo facer xenial!!!
Anónimo dixo…
Quérovos moito, son Mara de 5 anos A. Respecto moito os libros e na biblioteca falo baixiño.
Bicos e abrazos de Mara