XANEIRO, MES DA PAZ E A NON VIOLENCIA
No mes de xaneiro, máis en concreto o día 30, celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Curso tras curso a biblioteca escolar súmase a esta celebración. O ano pasado descubrimos un movemento musical que reune a músicos da rúa de todo o mundo "Playing for change" (Tocando polo cambio). Neste curso imos gozar cunha nova actuación interpretada simultaneamente en diferentes países do mundo
Parécenos unha iniciativa ben bonita, unidos pola música reivindicamos un mundo mellor neste Xaneiro, Mes da Paz.
Comentarios