25 DE NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tradicionalmente na nosa biblioteca adicamos o trimestre novembro, decembro e xaneiro a conmemoración de diferentes datas relacionadas cos dereitos da infancia, a violencia contra as mulleres, os dereitos humanos e a non violencia e a paz.

O mes de novembro recolle dúas destas datas significativas os dereitos dos nenos e nenas e a loita contra a violencia exercida sobre as mulleres. Hoxe 25 de novembro non podemos esquecer que mulleres e nenas son obxecto de violencia e discriminación en todo o mundo. Este problema non entende de clases sociais, é de feito un gravísimo problema universal que require a concienciación de todos e todas.

Desde a escola, e como non, desde as bibliotecas escolares temos a responsabilidade de educar ás nenas e nenos para negarse a asumir esta terrible realidade. Agradecemos ao IES Río Cabe de Monforte o fantástico cartel que tamén nesta ocasión non dubidaron en compartir con outras bibliotecas.


Desde o blog http://trafegandoronseis.blogspot.com chéganos tamén este fantástico vídeo de sensibilización no Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Comentarios