"O RAP DA LINGUA" (MIGALLAS)
O mes de maio é un mes realmente especial para a nosa lingua. O grupo Migallas compuxo este rap para que todos e todas nos animemos a falar en galego sen vergoña, sen medo...orgullosos e orgullosas de facelo.
Este rap está incluído no disco "Canta connosco" que sabemos que aos ratiños e ratiñas lectoras da escola lles encanta.
Para que rapeedes sen parar...! Aquí tendes....! "O rap da lingua". Podedes visitar o blog de normalización se queredes rapear tamén a poesía de Celso Emilio Ferreiro DEITADO FRENTE AO MAR.

Comentarios

Gracia dixo…
Gustaríame colgar este rap no noso blogue, se non vos importa. Seriades tan amables de darme o código html??? Quedaríavos moi agradecida.
trafegandoronseis@hotmail.com
Saúdos.
Grazas anticipadas e perdón pola molestia
Ola Gracia,
enviei o código ao correo do plambe e ao correo de trafegandoronseis. Estamos encantadas de que usedes os nosos vídeos.
Saudiños
Yolanda, nos tamén colgamos o rap. Parecéme que estades a facer un traballo estupendo. Parabéns.
Biquiños dende o outro lado da ría.
Ronsel dixo…
Moitas grazas por todo. PArabéns
Orbil dixo…
Noraboa polo traballo. Aqui tamén imos rapear moito.
Un saudiño.
Biblioteca dixo…
A Ponte Vella enlazará os dous vídeos que compartes. Moitas grazas. Un saúdo