ABRIL, MES DOS LIBROS
Na creación e consolidación do hábito lector dos nenos e nenas é fundamental o papel dos maiores. Para eles a familia é o modelo a seguir así, dunha familia lectora, sairán novos lectores.
A responsabilidade neste asunto é compartida entre escola e familia e as vacacións son unha boa ocasión para motivar aos nosos nenos e nenas.
Felices lecturas en familia neste Abril, mes dos libros!

Comentarios

BIBLIOCERVO dixo…
Ola, somos seguidores dos vosos traballos e algunhas veces témosvos empregado algún para traballar co noso alumnado, por exemplo a webquest do antroido. Hoxe queremos agasallarvos cun regaliño que agardamos vos guste. Pasade polo noso blog para recibilo.
Un saúdo dende Cervo,Lugo.
BIBLIOCERVO dixo…
Creo que metín a pata: a webquest vosa que traballamos era do Día da Paz. Perdón.