Chega de novo o 8 de Marzo e desde a biblioteca imos abordar un dos días máis importantes do noso calendario de celebracións. Un ano máis o colexio vai parar a súa dinámica diaria para centrarse na IGUALDADE. Cinco horas de reflexión sobre a necesidade de pelexar pola igualdade entre homes e mulleres. Nesta ocasión ímonos centrar no mundo deportivo: estereotipos, vestimentas, sexismo... desde o punto de vista de cinco especialistas en diferentes modalidades deportivas. Érika falaranos de ximnasia rítmica, José Ramón de ciclismo, Lola de Voleibol, Alba de baloncesto e Noela de Hockei. Seguro será unha xornada do máis interesante para o noso alumnado de infantil e primaria baixo o lema: " NENOS E NENAS SOMOS IGUAIS E QUEN NON PENSE ASÍ AQUÍ ESTÁ DE MÁIS" Gozade coa canción "Hemisferios". 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo