Publicacións

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA MAIO, MES DAS LETRAS

Aquí deixamos as recomendacións lectoras para  "Maio, Mes das letras" guía lecturas maio mes das letras 2013 by bibliotecamestremartinezalonso413

MARZO IGUALDADE

Imaxe
Para rematar a celebración de Marzo Igualdade no colexio realizamos os Obradoiros de Igualdade para os nenos e nenas de infantil e de primaria. Nos obradoiros pasámolo de medo aprendendo sobre igualdade e ratiño e ratiña queren deixar no blog as tres historias que utilizamos no taller do conto e que deron moito xogo para os micro coloquios posteriores. Na primeira historia aplaudimos a Clementina por ser valente e deixar ao aburrido de Arturo.   Rimos un rato cambiando os roles nunha versión dun conto clásico cun protagonista masculino "El principe  Ceniciento   E aprendimos que o maltrato non son só os golpes, ás veces sufrimos "O maltrato sutil"

MARZO POESÍA...

Imaxe
Versión cantada da poesía de Gabriel Celaya "La poesía es.." interpretada por Paco Ibáñez.

SADAKO SASAKI E AS MIL GRÚAS DE PAPEL

Imaxe
Todo o colexio está volcado elaborando grúas de papel, temos que chegar ata mil...ao principio non sabiamos porque pero hoxe desvelouse o misterio. Entre todos colgamos a grúa número mil e con este xesto queremos contribuír a conseguir un mundo mellor, un mundo sen violencia. Temos á vosa disposición dous exemplares do  libro "Sadako e as mil grúas de papel"  Tamén podedes coñecer a historia de Sadako Sasaki con este video E se vos animades podedes seguir estas instruccións e facer a vosa propia grúa con origami.

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Imaxe
Este ano as actividades da biblioteca para celebrar o Día escolar pola paz e a non violencia van xirar ao redor da amizade. Ser de verdade amigos para construir desde a escola un clima de solidaridade e convivencia, para construir iso que chamamos cultura de paz. Ratiño e Ratiña de biblioteca deixan uns videos que nos invitan a reflexionar. Para deixar de ser espectadores:     Cando as palabras tamén doen:  Un pouco de humor:  

Feliz Ano

Imaxe
Feliz ano a tod@s, deixamos esta panxoliña do grupo Mama Cabra para gozar destes días de descanso cantando e agardando que os Reis Magos regalen moita cultura a tod@s @s ratiñ@s lector@s da escola.  

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un novo curso, e xa van seis, iniciamos a actividade do blog da biblioteca. A celebración do Día das Bibliotecas Escolares é un bo motivo para facelo. Para celebralo desde o equipo de biblioteca poñemos en marcha as seguintes actividades: Mochilas Viaxeiras para 3 anos, 5 anos, 2º, 4º e 6º de primaria. Entrega dos carnés ao alumnado novo no centro: os 23 novos ratiños e ratiñas lectoras de Educación Infantil de 3 anos e aqueles outros nenos e nenas que se incorporan neste curso. A todos os invitamos á visitar a nosa biblioteca e a levar en préstamo os libros, películas, xogos e música que lle apetezan. Ratiño e Ratiña tamén nos deixaron nas aulas os contratos para asinar e comprometernos a coidar os materiais e cumprir as normas da biblioteca. Aquí tendes o horario de biblioteca para o presente curso, nel están os horarios das titorías, do préstamo no recreo e do horario extraescolar.  Feliz curso entre lecturas 2012/13! Horario Biblioteca 12-13