CLUBS DE LECTURA
Hai historias que se len… e outras que se comparten, se pensan e se senten en compañía . Así nacen os nosos clubs de lectura , unha proposta que une lectura, reflexión e convivencia, estendéndose desde a biblioteca escolar ata as aulas. Durante os momentos da Hora de Ler , o alumnado participa en diferentes experiencias lectoras adaptadas ás súas idades: Por unha banda, en 5ºB , o club de lectura xira arredor da obra Wonder , unha lectura colectiva que permite traballar valores fundamentais como a empatía, o respecto e a aceptación da diversidade. A partir da historia, o alumnado desenvolve propostas de reflexión persoal —como a parte que máis me gusta de min ou aquilo que ás veces me gustaría ocultar —, convertendo a lectura nun espazo de expresión e autocoñecemento. Ademais, a experiencia complétase con pequenas creacións, como a elaboración de marcapáxinas empregando os recursos do programa Polos Creativos. Por outra banda, o alumnado voluntario de 6º de Primaria participa nun c...