Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2026

MICRORRELATOS DE SAMÁIN: DO PAPEL Á VOZ

O Samaín deixou tras de si historias que arrepiaron, palabras cheas de misterio e moito talento creativo. Tras a proposta “Microrrelatos de Medo” , xa podemos compartir o resultado final dun traballo colectivo no que participou alumnado, familias e profesorado do centro. Así, xa está dispoñible o noso Podcast de Medo , un episodio especial no que o Club de Podcast e alumnado do centro dan voz aos microrrelatos de Samaín escritos pola comunidade escolar. Relatos breves, intensos e inquietantes que cobran vida a través da lectura en voz alta. Ademais, todos os microrrelatos foron recompilados nun libro en formato físico , que xa forma parte dos fondos da biblioteca. Unha oportunidade perfecta para volver ás historias, reler con calma e deixarse envolver polo ambiente do Samaín sempre que apeteza. Animámosvos a escoitar o podcast e a achegarvos á biblioteca para descubrir o libro.  Porque o  medo… tamén se le.