25N: "MARISQUIÑO OU... MÁIS RIQUIÑO"
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Biblioteca acompañou a conmemoración cunha exposición de recursos e materiais relacionados coa igualdade, a corresponsabilidade e a prevención das violencias machistas. Ademais, e en colaboración co Equipo de Convivencia e Benestar , desenvolveuse no centro unha proposta de obradoiros interdisciplinares interciclo vinculados ao noso PDI “Estamos Aquí” , centrado este ano no ODS 14: Vida submarina . Así naceu “Marisquiño ou… máis riquiño” , unha iniciativa que une educación afectivo-social e conciencia ambiental a través dun fío común: coidar o planeta e coidarnos entre nós, educando na igualdade dende o mar que nos une. Os nenos e nenas de Infantil traballaron en cinco grupos mesturados entre as catro aulas, desenvolvendo actividades manipulativas, sensoriais e simbólicas, sempre desde a linguaxe do xogo e a experimentación: Pescando mensaxes contra a violencia machista: Coas mes...