Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

LETRAS GALEGAS. "CANTAREIRAS. A POESÍA POPULAR"

Imaxe
 Opasado venres 16 de Maio celebramos no cole "O día das Letras galegas" , adicado este ano ás Cantareiras.  Por este motivo puidemos gozar no noso centro da actuación de Uxía Xenlle e o grupo As Malvela ; unha formación moi querida e representativa da nosa contorna, rendendo así homenaxe ás mulleres que coa súa voz e memoria manteñen vivo o patrimonio oral da nosa terra. As nosas mascotas da biblioteca "Ratiña e Ratiño" non faltaron a esta festa das letras e como non podía ser de outra forma, vestíronse para a ocasión. Por suposto tamén o alumnado puido deleitarse coas Novidades e con fondos na Bibliopatio en galego. Por outra banda, fíxose a presentación do libro "Cancioneiro do Pobo de Mos" , no que se recopilan de forma escrita e en vídeo cantigas aportadas polas familias e aos que se pode acceder escaneando un código QR.  Este libro vai a formar parte dos fondos da biblioteca para que poida ser empregado por todas as persoas usuarias. 

TALLER DE CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

Imaxe
 O mes de Abril foi un mes cheo de oportunidades para o alumnado de gozar de diferentes formas da nosa biblioteca. Unha delas foi a través dun taller de  "Circuítos eléctricos con plastilina condutora" no Espazo Creativo . Esta actividade é unha forma de darlle continuidade ao aprendido polo alumnado no Ámbito Stecam no que experimentaron e formáronse sobre o E-Téxtil . Por outra banda, tamén puideron comezar a xogar cos "Xogos de Mesa" elaborados polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria no ámbito de Crealingua para a biblioteca. Entre estes xogos podemos atopar a "Oca Saudable" , "Móvete con Nós" ou  "Activa-Mente" e que teñen como tema común hábitos de vida saudable relacionados coa alimentación, deporte, hixiene e saúde mental, tendo en conta así o PDI do centro.  

DRAMATIZACIÓN DO CONTO "MARCELIÑA NA COCIÑA"

Imaxe
 O alumnado de 2º de Educación Primaria deleitou a todas as nenas e nenos do centro coa dramatización na biblioteca   do conto "Marceliña na cociña" , dentro das actividades organizadas con motivo do día do libro. Un conto contado e cantado no que non faltou a música. Fixérono xenial! Tamé n houbo na biblio unha pequena exposición de maquetas inspiradas no conto de Marceliña feitas polas aulas de 2º de E.P.  Menudo arte!

23 DE ABRIL. "DÍA DO LIBRO"

Imaxe
 Co gallo do día do libro, no noso centro tiveron lugar varias activididades. Unha delas son os "Amadriñamentos e Apadriñamentos lectores" que facemos todos os anos e que teñen moito éxito entre a rapazada. Este curso e tendo en conta o noso PDI, estos apadriñamentos foron precedidos das "Merendas Literarias" en días anteriores. Unha oportunidade para coñecerse compartindo unha merenda elaborada nas aulas e inspirada nalgún libro. O alumnado tamén puido gozar dunha nova exposición de  NOVIDADES  e outra na que se atopaban varios fondos nos que o seu argumento e trama xiraban ao redor dos alimentos. Unha vez máis, o mes de Abril convertiuse nunha oportunidade para desenvolver o amor polos libros e a formar alumnado crítico, creativo e reflexivo dende idades temperás.