RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN
O curso chegou ao seu fin, e con el péchanse moitas páxinas cheas de aprendizaxes, risas, descubrimentos e lecturas compartidas. Dende a biblioteca escolar queremos darvos as grazas por cada visita, cada libro prestado, cada historia comentada e cada momento vivido entre estantes. Despedímonos por agora, pero non sen antes lembrar que os libros non collen vacacións: eles estarán sempre contigo, agardando a ser abertos para agasallarte con novas aventuras. Goza do verán, descansa, soña, xoga… e por suposto, le moito! Volveremos a vernos o vindeiro curso coas portas abertas e moitas máis historias por descubrir. Bo verán!