TALLERES PARA REIVINDICAR A IGUALDADE
Este xoves 17 de marzo realizaremos 6 talleres coa IGUALDADE como protagonista. O alumnado de primaria repartirase en seis grupos que rotarán polos talleres. Cada taller ten unha duración de 15 minutos e a unha sinal acústica todos os grupos realizarán o cambio.   Taller 1:  proxección dun vídeo cun pequeno debate posterior (aula de informática)   Taller 2:  actividades na pizarra dixital sobre a igualdade (corredor de infantil)   Taller 3:  cantamos pola igualdade (aula de música)   Taller 4: elaboramos un mural colectivo. (aula de plástica)   Taller 5: contacontos (biblioteca e se fai bo tempo farémolo fora)   Taller 6: xogar en igualdade (se fa ibo tempo nas pistas e se non no ximnasio)
 
