X A N E I R O M E S D E P A Z Desde o IES Río Cabe de Monforte chéganos este fantástico cartel para conmemorar o Día Escolar Pola Paz e a Non Violencia. Desde a biblioteca escolar do Ceip Mestre Martínez Alonso en Mos queremos dar as grazas pola xeneroxidade dos nosos colegas de Monforte. Aquí queda como presente moi especial unha recompilación de pezas musicais realizada polas Bibliotecas Escolares de Galicia para conmemorar este 30 de xaneiro. Build your own custom video playlist at embedr.com FELIZ 30 DE XANEIRO!
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2010
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
N O V O B L O G N O C O L E X I O Queremos presentar un novo blog que comeza a súa andaina no noso colexio. O departamento de orientación non quere quedar ao marxe das novas tecnoloxías e ven de abrir un espazo na rede para presentar as súas suxerencias para as familias, o alumnado e o claustro do noso centro. En definitiva unha nova ferramenta de comunicación entre a escola e a comunidade educativa. O seu estreno ten como protagonista varias suxerencias para celebrar o Día Escolar Pola Paz e a Non Violencia. Premede na foto para visitar o blog.
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
X A N E I R O M E S D E P A Z : C I N E N A B I B L I O T E C A Ratiño e Ratiña de Biblioteca deixaron nas aulas entradas para todos os nenos e nenas da escola para unha nova sesión de cine na biblioteca, neste caso e tendo en conta que estamos a celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia escolleron unha película fantástica para a ocasión. Para os nenos e nenas da escola as entradas invitan a ver a película HORMIGAZ . Nesta película o protagonista loitará por defender a súa singularidade dentro dunha colonia absolutamente alienada e dominada polos prexuicios sociais. O noso protagonista coñecerá os horrores da guerra e nos invitará a reflecionar sobre os dereitos individuais, a violencia e a necesidade de vivir en liberdade. Aquí tendes as entradas que terán que presentan os asistentes á proxección.
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
X A N E I R O , M E S D A P A Z E A N O N V I O L E N C I A No mes de xaneiro, máis en concreto o día 30, celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Curso tras curso a biblioteca escolar súmase a esta celebración. O ano pasado descubrimos un movemento musical que reune a músicos da rúa de todo o mundo "Playing for change" (Tocando polo cambio). Neste curso imos gozar cunha nova actuación interpretada simultaneamente en diferentes países do mundo Parécenos unha iniciativa ben bonita, unidos pola música reivindicamos un mundo mellor neste Xaneiro, Mes da Paz.