Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2007

CANTIGA LIBRO MAMACABRA SETEMBRO

Imaxe
Moi contento a escola vou, aos amigos hei de ver, xogarei,aprenderei e con todos cantarei. Coa mochila podo ben, gomas,libros levarei, un caderno e un pincel, un afía e papel. ¿atréveste ti a inventar unha estrofa nova?

CANTIGA LIBRO MAMACABRA OUTUBRO

Imaxe
NUNHA CASA Á QUE EU FUN TAN SÓ CONTAN ATA UN NA CASA DOS MEUS AVÓS SEI QUE CONTAN ATA DOUS E NA CASA DUN INGLÉS PODEN CONTAR ATA TRES EU NON SEI COMO FARÁN NA SÚA CASA OS DEMAIS UN DOUS TRES AS FOLLIÑAS VAN CAENDO UN DOUS TRES VAN QUEDANDO POLO CHAN UN DOUS TRES TRAE O VENTO MOITAS DELAS UN DOUS TRES OUTRO VENTO AS LEVARÁ NUNHA CASA DE BOATO TAN SÓ CONTAN ATA CATRO NA CASA DOS MEUS VECIÑOS SEI QUE CONTAN ATA CINCO NA CASA DO PROFE ANDRÉS CONTAN SEMPRE ATA SEIS EU NON SEI COMO FARÁN NA SÚA CAS OS DEMAIS UN DOUS TRES CADA DÍA VAI MÁIS FRÍO UN DOUS TRES SOPRA O VENTO DO NORDÉS UN DOUS TRES GARDA AS LANDRAS O ESQUÍO UN DOUS TRES COIDO QUE XA VAI CHOVER NUNHA CASA DE XOGUETE CONTAN SEIS E CONTAN SETE NA CASA DUN ALEMAN ATA OITO CONTARÁN NESA CASA CANDO COCEN CONTAN TODOS ATA NOVE EU NON SEI SE ALGUNHA VEZ CHEGAREMOS ATA DEZ

NORMAS DA BIBLIOTECA

Imaxe
NORMAS DA BIBLIOTECA DEBES RESPECTAR A LECTURA DOS DEMAIS DEBES COIDAR OS LIBROS PARA QUE POIDAN SER LIDOS POR OUTROS NENOS E NENAS. OS RESPONSABLES DA BIBLIOTECA PODEN AXUDARTE A BUSCAR O LIBRO QUE TI QUERES. PODES LEVAR LIBROS EN PRÉSTAMO A CASA. HORARIO DA BIBLIOTECA ABRE TODAS AS TARDES DE 16:00 – 17:00 h. ABRE ADEMAIS NO RECREO. CADA CLASE DISPÓN DE 2 HORAS SEMANAIS PARA FACER USO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA. É...¡A HORA DE LER!