Publicacións

Día Internacional das Persoas con Discapacidade: "TECENDO INCLUSIÓN"

Imaxe
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade , o 3 de decembro, a Biblioteca sumouse á conmemoración cunha exposición temática que recolleu unha selección de títulos centrados na diversidade, a inclusión, a empatía, a convivencia e o respecto polas diferenzas individuais. Un espazo pensado para achegar ao alumnado historias e voces que nos axudan a comprender que todas as persoas temos dereito a ser, sentir e participar plenamente na comunidade. Ademais, participamos nunha actividade moi especial promovida polo Concello de Mos a través de EVD Galicia : unha intervención artística colaborativa na que o alumnado de 5º de Primaria escribiu mensaxes en cintas de cores, tecendo palabras positivas que reivindican a diversidade como valor e como dereito fundamental. Así, as nosas alumnas e alumnos de 5º deixaron por escrito ideas como respecto, empatía, diversidade, amizade, cooperación ou dignidade , contribuíndo a unha obra colectiva co resto de centros do municipio qu...

25N: "MARISQUIÑO OU... MÁIS RIQUIÑO"

Imaxe
 Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,  a Biblioteca  acompañou a conmemoración cunha exposición de recursos e materiais relacionados coa igualdade, a corresponsabilidade e a prevención das violencias machistas. Ademais, e en colaboración co Equipo de Convivencia e Benestar , desenvolveuse no centro unha proposta de obradoiros interdisciplinares interciclo vinculados ao noso PDI “Estamos Aquí” , centrado este ano no ODS 14: Vida submarina . Así naceu “Marisquiño ou… máis riquiño” , unha iniciativa que une educación afectivo-social e conciencia ambiental a través dun fío común: coidar o planeta e coidarnos entre nós, educando na igualdade dende o mar que nos une. Os nenos e nenas de Infantil traballaron en cinco grupos mesturados entre as catro aulas, desenvolvendo actividades manipulativas, sensoriais e simbólicas, sempre desde a linguaxe do xogo e a experimentación: Pescando mensaxes contra a violencia machista:   Coas mes...

20N DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA: "ACOLLEMENTOS LECTORES"

Imaxe
Con motivo do 20 de novembro, Día Mundial da Infancia , o noso centro sumouse, un curso máis, á celebración do Día do Pixama , unha iniciativa educativa que pon o foco no dereito de todos os nenos e nenas a medrar nun fogar seguro, acompañado e afectivo. Esta xornada serviunos para reflexionar sobre a importancia da protección, o coidado e a convivencia no desenvolvemento infantil. Enmarcados neste mesmo espírito, e como proposta desde a Biblioteca Escolar, desenvolvéronse os Acollementos Lectores ( Amadriñamentos e Apadriñamentos Lectores ). Uns días antes tivo lugar unha xornada previa de encontro , na que madrinas, padriños e o alumnado máis pequeno puideron coñecerse e iniciar un vínculo que posteriormente se consolidaría ao redor da lectura. Posteriormente, na hora de ler do propio día 20N, desenvolvéronse as sesións de lectura, nas que cada madrina ou padriño seleccionou contos e libros axeitados aos gustos e preferencias lectoras das súas afilladas e afillados. Esta actividade...

O SAMAÍN: UN RATO DE MEDO

Imaxe
 O Samaín chegou un ano máis ao noso centro e, dende a biblioteca convidamos a participar na proposta "Microrrelatos de Medo", unha actividade voluntaria e aberta a todas as nenas e nenos, así como ás familias, para elaborar o seu microrrelato terrorífico, e con todos eles crear o noso "Podcast de Medo" , dispoñible moi pronto no noso canle Un rato nas ondas . Os integrantes do Club de Podcast explicaron con claridade e detalle esta actividade neste episodio especial: Ademais desta proposta, o centro celebrou o Samaín con diversas actividades, mesturando  tradición, innovación e moita diversión : Educación Infantil: levouse a cabo o tradicional Erasmus de Samaín ,  no que o alumnado se mesturou por idades e aulas para participar en diversas propostas terroríficas. Educación Primaria: organizáronse scape rooms temáticos por ciclos , cheos de enigmas, pistas e retos de medo que o alumnado debía resolver. Así,  o alumnado do 1º ciclo superou un escape room no ...