Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

UN NADAL ESPECIAL

Imaxe
Nesta época tan especial do ano, a nosa biblioteca converteuse nun punto de encontro para o alumnado, as familias e o profesorado.  Organizamos no centro unha serie de actividades para celebrar o Nadal en comunidade e encher o centro de espírito festivo. 1. Obradoiro de Nadal en familia: unha tarde especial onde realizamos diferentes manualidades en diferentes espazos, entre eles a bilioteca ou a Aula do Futuro, para decorar o noso centro, tanto a entrada e corredor principal como as árbores. Este obradoiro foi unha marabillosa oportunidade para compartir momentos en familia e reforzar os lazos entre a comunidade educativa. 2. Charla inspiradora:  as nosa ex alumna Irene Anta Pérez converteuse con 19 anos na directora da Rondalla Santa Eulalia de Mos,   unha agrupación musical que simboliza a esencia destas datas festivas, demostrando así que o talento, o esforzo e a paixón non teñen límites. Durante a súa charla, Irene compartiu connosco como a música e o traballo...

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

O Nadal é un momento especial para compartir, soñar e desfrutar en compaña das nosas historias favoritas. Desde a Biblioteca, Ratiña e Ratiño queremos acompañarvos nestas datas cunhas recomendacións lectoras pensadas para todas as idades . O noso obxectivo é que cada un e cada unha de vós atope o libro perfecto para desfrutar destas vacacións. Ademais, animámosvos a visitar a nosa biblioteca e explorar a nosa selección especial de lecturas de Nadal. Queremos desexarvos un Feliz Nadal e un Próspero Aninovo . Que estas festas estean cheas de ledicia, momentos compartidos e, por suposto, moitas lecturas que nos fagan soñar e medrar.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Imaxe
O pasado 3 de decembro conmemoramos no noso centro o Día das Persoas con Diversidade Funcional cunha serie de propostas que nos axudaron a reflexionar e sensibilizarnos sobre a importancia da inclusión e do respecto pola diversidade , algo tan presente no noso centro. O alumnado voluntario da biblio fixo unha fantástica selección de recursos dispoñibles na nosa biblioteca relacionados coa temática da diversidade funcional. Grazas ao seu esforzo, puidemos organizar unha exposición de fondos que axudan a entender e valorar a riqueza que aporta a diversidade. Ademais, o alumnado de infantil, gozaron dunha sesión de contacontos en Lingua de Signos Española (LSE), ofertada polo noso Concello. Esta actividade non só lles permitiu coñecer unha historia marabillosa, senón tamén seguir achegándose ao mundo da lingua de signos e comprender a importancia de eliminar barreiras de comunicación para construír unha sociedade máis inclusiva.

MES DA CIENCIA EN GALEGO: CIENCIA E SAÚDE NA MESA

Imaxe
Este mes de novembro conmemoramos o  mes da ciencia en galego,   permitíndonos mergullarnos na ciencia coa nosa lingua como protagonista. Durante varias semanas, o alumnado participou en diversos experimentos que conectaron a ciencia coa alimentación saudable, aliñándose co noso Proxecto Documental Integrado. Así, levamos a cabo tres experimentos que non só espertaron a curiosidade científica, senón que tamén promoveron reflexións sobre os alimentos que consumimos a diario. Estes foron os nosos experimentos: O ferro nos cereais : O alumnado descubriu como é posible extraer pequenas partículas de ferro dos cereais usando un simple imán. Este experimento puxo en valor a importancia deste mineral na nosa dieta e a súa presenza en produtos que consumimos habitualmente. O azucre nos refrescos : A través desta práctica, observamos a cantidade de azucre oculto en diferentes bebidas azucradas, visualizando o impacto que estas poden ter na nosa saúde.  Froitas condutoras e tecno...

NOVIDADES NOVEMBRO

Imaxe
Xa están dispoñibles as últimas novidades, tanto recursos bibliográficos como materiais lúdicos.  Non deixedes pasar a oportunidade de descubrilas na biblioteca escolar!  

EXPOSICIÓN DE SAMAÍN

Imaxe
Con motivo do Samaín, preparamos unha exposición de fondos bibliográficos en galego e inglés, dende historias arrepiantes e contos clásicos de medo ata relatos cheos de fantasía e misterio. Esta exposición non só permite coñecer máis sobre esta festa tradicional, senón tamén practicar a lectura en ambos idiomas.  Mergúllate no espírito do Samaín cunha boa lectura!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
 O pasado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, unha data dedicada a recoñecer o impacto positivo que todas as bibliotecas teñen na sociedade. Este ano, o lema é "Por un futuro sostible" , unha invitación a reflexionar sobre o papel que xogan todas as bibliotecas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. As bibliotecas non son só espazos de almacenamento de libros; son centros de formación, descubrimento e cambio. Ofrecen recursos que promoven valores como a igualdade, a inclusión e o respecto polo medio ambiente, aspectos esenciais para lograr un futuro máis sostible. A través de actividades, iniciativas de lectura e recursos educativos, as bibliotecas contribúen a crear cidadáns críticos e conscientes da importancia de coidar do planeta e de fomentar unha sociedade máis xusta. Na nosa biblioteca escolar, queremos sumarnos a esta celebración poñendo en marcha, un curso máis, as mochilas viaxeiras. Esta iniciativa per...

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Imaxe
O 16 de outubro celebramos o “Día Mundial da Alimentación Saudable”, e dende a nosa biblioteca quixemos aproveitar esta data, tan en consoancia coa temática do PDI deste curso, para reflexionar sobre o consumo de azucre e a súa influencia na nosa saúde. Partindo deste día, propoñemos unha iniciativa que contribúa a mellorar os nosos hábitos alimenticios: todos os mércores serán o Día da Froita no centro. Animamos ao alumnado e ao profesorado a traer froita para a merenda, promovendo así unha alternativa máis saudable. Na biblioteca, podemos atopar unha exposición de fondos bibliográficos sobre a alimentación, para que quen desexe poida afondar neste tema. Ademais, preparamos unha serie de carteis informativos que visibilizan a presenza oculta do azucre en moitos dos alimentos que consumimos a diario. Dende zumes envasados ata cereais, queremos que todos sexamos conscientes de canto azucre levan moitos dos produtos que atopamos no supermercado. Queremos aprender a coidar mellor o no...

APERTURA E INAUGURACIÓN

Imaxe
Benvidos a todos e todas ao novo curso escolar!  Un curso máis, Ratiña e Ratiño abren as portas da biblioteca para toda a nosa comunidade educativa, tanto en horario lectivo como en horario extraescolar, para que alumnado, profesorado e familias poidades gozar da lectura e dos xogos, dos nosos fondos e recursos e por suposto, das diversas propostas culturais. Queremos que a biblioteca sexa un espazo de encontro para o saber, o intercambio de ideas e o descubrimento de novos intereses. Este curso, continuamos tamén coa Campaña de recollida de tapóns solidarios , colaborando nesta ocasión coa Asociación Andaina (Redondela). Durante a primeira semana de apertura oficial, realizamos unha actividade inicial orientada a descubrir en que Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) traballaremos ao longo do ano. Como xa sabedes, cada curso centrámonos nun ODS, dentro do noso PDI de centro "Estamos Aquí",  para afondar na súa importancia e reflexionar sobre como podemos contribuír...

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

O curso escolar chegou ao seu fin e é momento de despedirnos ata a volta. Foi un curso cheo de aventuras literarias, novos coñecementos e moitos momentos especiais na nosa biblioteca. Para este tempo de verán, temos preparadas unhas recomendacións que agardamos que vos gusten tanto como a nós. Estas están expostas na biblioteca para que poidades atopalas á volta das vacacións. Vémonos en setembro con máis novidades, actividades e, por suposto, moitos libros, xogos e espazos por explorar! Feliz verán e felices lecturas! Ratiña, Ratiño e O equipo de Apoio á Biblioteca Escolar

ACTO DE AGRADECEMENTO

Imaxe
Este curso académico foi unha mostra do compromiso e dedicación do noso alumnado coa biblioteca escolar. O equipo de voluntariado (alumnado de 5º e 6º) traballou arreo durante todo o ano para facer da nosa biblioteca un espazo acolledor, dinámico e cheo de vida, pois non só axudaron na organización e mantemento dos libros e materiais, senón que tamén promoveron actividades de animación á lectura, axudaron aos compañeiros/as nos tempos de lecer na biblio e tamén colaboraron na organización e presentación de eventos especiais, entre outras funcións. Por todo isto, hoxe tivemos un acto moi especial de agradecemento e recoñecemento ao alumnado vinculado coa biblioteca escolar.   Neste evento, quixemos destacar o labor de todxs e cada un/unha dos voluntarios/as que, coa súa dedicación e entusiasmo, contribuiron a mellorar o funcionamento da biblioteca e a fomentar o hábito da lectura entre os seus compañeiros. Ademais, fixemos un recoñecemento especial ao alumnado máis lector , tanto ...

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Imaxe
Este venres  tivemos Escola de Talentos , cunha charla moi especial na nosa biblio.  Luz e Juan,  familia de Olivia da aula de 3 anos, visitaron o noso cole para compartir o seu incrible proxecto de deseño de obxectos a partir de redes de pesca atopadas nas praias e océanos. Este proxecto chámase REDuse e trátase dunha colección de mobles e accesorios feitos con rede mariña de pesca reutilizada, que o propio Juan deseña. Esta actividade enmárcase na conmemoración do Día do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día dos Océanos (8 de xuño) destacando a importancia de coidar os nosos mares e reutilizar materiais para protexer o medio ambiente. Grazas Juan e Luz, por ensinarnos tantas cousiñas e  contribuir a poñer a semente para que as futuras xeracións manteñan unha concienciación polo respeto ó medio mariño. Por inspirarnos a todas e todos co voso traballo e compromiso co planeta.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Imaxe
 A pasada semana celebramos o REVOLUTION FASHION DAY, o noso desfile benéfico e subasta da nosa colección de roupa sostible "ArtECO recicla", da colección Matria Téxtil, traballando así o impacto medioambiental e social do consumo (reto proposto ao comezo deste curso). Que mellor maneira de conmemorar esta data tan sinalada no calendario? Unha gran xornada onde a numerosa comunidade educativa asistente realizou unha puxa moi emocionante, subastándose as primeiras creacións téxtiles elaboradas nos ámbitos de aprendizaxe, donando todo o recaudado á Asociación Bicos de Papel. Aquí deixamos unha pequena mostra deste gran evento e unha das novas publicadas no xornal: https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/06/02/ceip-mestre-martinez-alonso-produce-103232585.html Ademais, con motivo da conmemoración desta data, temos exposta na biblioteca bibliografía relacionada  co coidado e protección do medio ambiente ,  atopando unha variedade de temas, que van desde a ecoloxía e a susten...