Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

"DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"

Imaxe
Con motivo do "Día internacional das bibliotecas", deixámosvos cunha mostra de algunhas das bibliotecas máis sorprendentes que hai polo mundo. "LAS BIBLIOTECAS MÁS SORPENDENTES"

"NOVIDADES"

Imaxe
Xa temos na biblioteca expostas as novidades. Entre elas podedes atopar un sinfín de libros adicados á Educación emocional tanto para escolares como para as familias. Podemos gozar títulos de César Bona, Tonucci, Begoña Ibarrola ou Elsa Punset entre outros. Esperamos que sexan do voso agrado. Se tedes algunha suxerencia podedes deixala no noso buzón.                                                                                                            

"CONTRATOS FIRMADOS"

Imaxe
Xa están firmados os contratos da biblioteca escolar para o novo curso 2017/2018, polo que ratiño e ratiña poden descansar con tranquilidade.                                                                                            

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR!

Imaxe
Por fin chegou o momento! Un novo curso escolar comeza e temos todo preparado na Biblioteca Escolar para que todos os nenos e nenas lector@s do noso centro comecen o préstamo. Temos a vosa disposición películas, libros, xogos de ordenador, música... Desde o luns poderedes facer préstamo na hora do recreo e ademais comezan tamén os préstamos nas horas que cada titoría teñen asigandas no horario. Ratiño e Ratiña de biblioteca tamén deixaron no buzón de novidades da biblioteca os carnés do alumnado novo no cole para que non quede ninguén sen poder facer o préstamo- Xa chegaron ás aulas os contratos do curso 2017/2018, lembrade que tendes que ler moi ben as condicións de préstamo e as normas da biblioteca para poder ser usuari@s xeniais, aquí están os pequenos de primaria lendo as condicións para asinar. FELIZ CURSO CHEO DE LECTURAS!