14.12.17

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

HOXE O ALUMANDO DE 3 E 4 ANOS DE EDUCACIÓN INFANTIL TIVERON A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NUN CONTANCONTOS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE MOS SOBRE O NADAL.



1.12.17

VISITA NA BIBLIOTECA!

Este mércores 29 de novembro tivemos a visita de Francesca López D'a Silva para presentar aos nenos e nenas de 4º o seu libro "Nerón, o canciño que roda por Vigo" Ed: Elvira.
Quedamos encantad@s de que viñera a falarnos do seu libro. Foi tal éxito a súa visita que incluso tivo que asinar autógrafos!


27.11.17

"OS ABRAZOS"

OS ABRAZOS SON ALGO QUE SE DAN E RECIBEN SEN PENSAR, PERO AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DOS SEUS BENEFICIOS ASÍ COMO TAMÉN UN LIBRO CO QUE PODEDES POÑELOS EN PRÁCTICA.

"NOVOS PRÉSTAMOS"

XA TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN AS NOVAS ADQUISICIONS DA BIBLIO DO NOSO CENTRO RELACIONADOS COA EDUCACIÓN EMOCIONAL.

17.11.17

25 DE NOVEMBRO


25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Aquí vos deixamos a canción escollida este curso para berrar ben alto que non aceptamos nengún tipo de violencia contra as mulleres. Hoxe animámosvos a que abramos todos e todas unha porta violeta que nos leve a un espazo de seguridade!

14.11.17

CANCIÓNS PARA O MES DE NOVEMBRO

Encántanos esta canción "Son Muller" e estás chicas que son: "Máis boas cas patacas" gañadoras na categoría infantil dos premios Quero cantar 



13.11.17

RINCÓN DE LECTURA INFORMATIVA NO CORREDOR PRINCIPAL

"A AUGA NO ENTORNO"

Os nenos e nenas de 2º de primaria crearon un espazo lector no corredor cos traballos de campo que realizaron coas implicación imprescindible das súas familias acerca da presenza da auga no entorno máis próximo. Un montón de imaxes e información sobre este elemento imprescindible para a vida dos seres vivos e dos lugares onde podemos atopala no espazo que nos rodea.
Animádevos a visitar este rincón e a gozar coa lectura! 





7.11.17

"CONTACONTOS NA BIBLIO"

O LUNS 6 DE NOVEMBRO AS AULAS DE INFANTIL GOZARON DUN CONTACONTOS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE MOS SOBRE O OUTONO.




1.11.17

"COMEZA O PROXECTO"

NO FESTIVAL DE SAMAÍN DIMOS POR COMEZADO DE FORMA OFICIAL O PROXECTO DO NOSO CENTRO NESTE CURSO 2017-2018.
DEIXÁMOSVOS CUN ENLACE AO VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO MESMO.

23.10.17

"DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"

Con motivo do "Día internacional das bibliotecas", deixámosvos cunha mostra de algunhas das bibliotecas máis sorprendentes que hai polo mundo.

"LAS BIBLIOTECAS MÁS SORPENDENTES"

"NOVIDADES"

Xa temos na biblioteca expostas as novidades. Entre elas podedes atopar un sinfín de libros adicados á Educación emocional tanto para escolares como para as familias. Podemos gozar títulos de César Bona, Tonucci, Begoña Ibarrola ou Elsa Punset entre outros.

Esperamos que sexan do voso agrado. Se tedes algunha suxerencia podedes deixala no noso buzón.
                                                                                  
                        

"CONTRATOS FIRMADOS"

Xa están firmados os contratos da biblioteca escolar para o novo curso 2017/2018, polo que ratiño e ratiña poden descansar con tranquilidade.      
                                                                      
              

6.10.17

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR!

Por fin chegou o momento! Un novo curso escolar comeza e temos todo preparado na Biblioteca Escolar para que todos os nenos e nenas lector@s do noso centro comecen o préstamo. Temos a vosa disposición películas, libros, xogos de ordenador, música... Desde o luns poderedes facer préstamo na hora do recreo e ademais comezan tamén os préstamos nas horas que cada titoría teñen asigandas no horario.
Ratiño e Ratiña de biblioteca tamén deixaron no buzón de novidades da biblioteca os carnés do alumnado novo no cole para que non quede ninguén sen poder facer o préstamo-
Xa chegaron ás aulas os contratos do curso 2017/2018, lembrade que tendes que ler moi ben as condicións de préstamo e as normas da biblioteca para poder ser usuari@s xeniais, aquí están os pequenos de primaria lendo as condicións para asinar.
FELIZ CURSO CHEO DE LECTURAS!

20.6.17

E CHEGARON AS PARALIMPÍADAS!

Como remate ao noso proxecto documental integrado mañán mércores celebraremos as nosas paralimpíadas contando cuns invitados/as de luxo, 16 usuarios/as de ACEESCA compartirán con nós o día e axudarannos a que todo saia ben actuando como verdadeiros representantes do Comité Olímpico Internacional.

Mentras, hoxe, estivemos preparando as probas e ademais gozando coas últimas lecturas do curso, neste caso á sombriña no "xardín" da biblioteca

A descrición das probas que se van celebrar durante as paralimpíadas son as seguintes:

-       1. CARREIRA DE OBSTÁCULOS:

Neste xogo o alumnado farase conta da importancia do sentido da vista e das dificultades e obstáculos que atopan as persoas invidentes no seu día a día.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA (membros do COI).

Dinámica: Nun circuito con conos espallados, os/as nenos e nenas terán que percorrelo cos ollos vendados. Non hai gañadores, o premio está en chegar sen mover os conos e ¡pasalo ben!

Alumnado de ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, tendo en conta de que ningún cativo faga trampas e axudándolles mediante indicacións (dereita - esquerda), ou ben, cos máis pequenos (especialmente de Infantil) tocando os ombreiros dos rapaces para indicar o camino. Se teñen que xirar á dereita tocanto este ombreiro, se teñen que xirar á esquerda, do mesmo xeito, cara diante, atrás, etc.

-       2. TIRAR Á DINANA COA MAN NON DOMINANTE

Neste xogo o alumnado terá en conta a dificultade que supón non ter un brazo e tamén como é posible realizar actividades que requiran certa dificultade a pesares dos obstáculos.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: Haberá unha diana con dieferentes puntuacións. Os nenos e nenas tirarán pelotas coa man non dominante, é dicir, se son zurdos coa destra e se son destros coa zurda. Non gaña ningún, pois non se suman puntuacións, o premio está en aguzar a puntería tendo en conta a dificultade. Se son nenos de Infantil e non saben cal é a destra ou a zurda tirarán igualmente sen este hándicap. Non se trata de fomentar a competitividade ou a rixidez nas normas senón pasar unha mañá divertida!

Alumnado de ACEESCA: Se encargará de que os cursos formen dúas filas, unha para cada diana, e farán unha arbitraxe para que os nenos non fagan trampas e teñan sempre a man indicada (ou simplemente unha delas) pegada ás costas.


-       3. CASCABEIS NA CANASTA

Neste xogo o alumnado farase conta da importancia do sentido do oído, especialmente para aqueles que non teñen o sentido da vista.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA, membros do COI.

Dinámica: Se colocarán uns cascabéis nunha canasta que se farán soar axitando as redes cunha pica. Noutro extremo, colocaranse os nenos que levarán os ollos vendados orientándose polo sentido do oído.

Alumnado de ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, no mesmo sentido que no xogo primeiro e ademáis poden abanear as canastas e entregar os balóns. Estarán axudados polos alumnos de 6º.


-       4. CARREIRA CON CULLERES COAS MANS ATADAS

Neste xogo o alumnado farase conta da importancia que teñen as extremidades superiores, especialmente cando necesitamos realizar unha actividade que requira equilibrio; e tamén a importancia de superarse a pesar dos obstáculos.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: En dúas filas (que organizarán os nenos de 6º ou ben os mozos de ACEESCA), o alumnado coas mans atadas percorrerá unha distancia cunha bola sobre unha culler que suxeitará coas mans. En caso de caírselles a bola, deberán voltar á liña de meta. O xogo rematará cando todos os nenos pasen pola liña de meta. Non gaña ninguén. Todos gañamos coa experiencia.

Alumnado de ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, avisando ós/ás nenos/as ós que se lles caian as bolas que deben voltar a liña de meta e dará o aviso de saída cun silbato.


-       5. VOLEIBOL SENTADOS.

Trataríase de variar o deporte do balón volea para tomar conciencia da situación de persoas que non poden usar as súas extremidades inferiores e para percatarse de que podemos xogar un deporte a pesar das dificultades.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: O alumnado de sexto (ou se o prefiren os invitados de ACEESCA) dividen o grupo en dous equipos que se sentarán no chan para desfrutar dun partido de vóley pero sen poder levantarse do chan. As normas non serán extremadamente ríxidas, senón que se trata de pasalo ben e de tomar conciencia da situación.

Alumnado de ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, tendo en conta de que ningún neno faga trampas e axudando (xunto co alumnado de 6º) cos balóns. Levarán un silbato para indicar cando comeza o xogo, cando remata ou ben se houbera o caso, cando algún alumno faga trampas, se levante, etc.


-       6. PROBA PARA LER OS LABIOS.

Nesta proba, tomaremos consciencia das posibilidades que temos cando estamos imposibilitados na escoita, emulando as dificultades que ten a comunidade hipoacúsica no seu día a día.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica da proba. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: Os nenos de 6º e os invitados e representantes do COI, dividirán cada  grupo de nenos en dous grupos a súa vez. Formarán dúas filas e unha delas se colocará nunha mesiña onde deixaremos varias mensaxes curtas que terán que ler (se son moi pequenos coa axuda do titor, mestre de apoio ou especialista). A continuación dirán a mensaxe se emitir ningún son, de modo que o primeiro ne no do otro grupo (que estará formando unha fila xusto en frente) terá que adivinar a mensaxe.

(Todavía por ver: as mensaxes poderían ser dun texto fácil que fale de inclusión, para logo pegar estes anacos nun lugar do cole).


Alumnado de ACEESCA: Serán os que organicen as filas coa axuda do alumnado de 6º. Ademáis realizarán a arbitraxe, tendo en conta de que ningún neno faga trampas e axudando quizáis a entregar as mensaxes.


-       7. CARREIRA Á PATA COXA

Nesta actividade tomaremos consciencia das dificultades que teríamos e situándonos no lugar de alguén que non ten unha perna.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica da proba. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: Os nenos de 6º e os invitados e representantes do COI, dividirán cada  grupo de nenos en dous grupos a súa vez. Formarán dúas filas e realizarán unha carreira por relevos á pata coxa. Se poñen o pe no chan ou caen, teñen que volver empezar.

Alumnado de ACEESCA: Serán os que organicen as filas coa axuda do alumnado de 6º. Ademáis organizarán a arbitraxe, tendo en conta de que ningún neno faga trampas e invitando a voltar á liña de meta ós rapaces que así obren.


-       8. ACTIVIDADE EXTRA:

ESCRIBIR COA BOCA A FRASE “EU TAMÉN PODO”.

Adicaremos a xornada a este concepto: todos podemos. Por este motivo e a medida que todos os grups rematen os xogos (ou se é o caso, no momento en que lles toque), realizarán esta actividade plástica e non deportiva.

Facilitaremos a todos os menor papel e material para poder pintar, pero únicamente coa boca, mediante adaptación de dito material. Así crearemos concienca de cómo algunas persoas vencen as dificultades diarias con moito esforzó e paixón.


Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica da actividade. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: O alumnado terá que escribir a frase “Eu tamén podo!, con material adaptado e empregando únicamente a boca. Os nenos e nenas de infantil únicamente realizarán un debuxo ou trazos sinxelos.


Alumnado de ACEESCA: Axudarán co material, entregando papel e pinturas. 

Ánimo a todos e a todas! Boas Paralimpíadas!

13.6.17

CARA AO FIN DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO!



Na recta final do curso queremos informarvos dos acontecementos que aínda están por vir con respecto ao noso PDI sobe os Xogos Olímpicos.
Hoxe publicamos @s gañador@s do último desafío olímpico, podedes comprobar se estades entre os premiados premendo no enlace:
http://pdixogosolimpicos.blogspot.com.es/2017/06/ultims-ganadors-dos-desafios-olimpicos.html

Ademais queremos informarvos de que o próximo mércores 21 de xuño celebraremos as Paralimpiadas que serán o broche final do noso proxecto documental integrado. Para esta celebración contaremos cuns invitados de luxo xa que usuarios e usuarias de ACEESCA participarán tamén neste evento deportivo.
O pasado mércores os nenos e nenas de 1º levaron as invitacións, as bandeiras correspondentes aos países que representan cada clase do colexio e a antorcha o olímpica.

Temos preparadas un montón de disciplinas nas que teremos que poñernos no lugar de persoas con diversidade funcional  e competir e gozar co deporte.
Estamos desexando que chegue o día! 




15.5.17

ESTAMOS DE ESTREA!

Por fin, recén saidiño do forno, aquí tendes o novo conto viaxeiro correspondente ao curso 2016-2017. Unha nova obra colectiva realizada polo alumnado do noso colexio. Este ano como novidade incluímos pictogramas para que sexa accesible a todo o mundo!




Na presentación tiveron un papel protagonista os nenos e nenas de 5º de primaria cun desplegue musical e teatral fantástico!

26.4.17

ABRIL, MES DOS LIBROS 2017!

Este curso iniciamos unha nova actividade para celebrar o Día Internacional do Libro, os Apadriñamentos Lectores. A actividade consistiu en que os nenos máis maiorciños da escola durante a hora de ler exerceran de padriños e madriñas lectoras para os máis pequenos. A iniciativa foi un éxito e quedamos con ganas de máis!
Aquí quedan as imaxes dun momento lector máxico!