Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

NOVIDADES

Imaxe
Atentxs que temos novidades! Ademais, tamén engadimos novos xogos de mesa.  Agardamos que gocedes de todos eles.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A ONU estableceu este día para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a teconoloxía, coa  finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas.  A  ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os  ODS ,  incluidos na  Axenda 2030 . Nesta liña, na biblio tivemos a visita de Mónica, do Instituto Español de Oceanografía, para promover a participación das mulleres no ámbito científico, en concreto, do seu papel na oceanografía, en consonancia co PDI de centro. Dirixido ao alumnado de E.Infantil e primeiro ciclo de E.Primaria, falounos da importancia de protexer o noso medio, do seu rol no Oceanográfico de Vigo, da súa misión na Antártida, do avance a nivel social sobre o papel das mulleres científicas e en concreto, de Ángeles Alvariño, a primeira muller cient

VOLUNTARIADO

Imaxe
 Todos os martes o alumnado voluntario dos cursos de 5º e 6º reúnese no momento da hora de ler (en grupos organizados de convivencia estable) para realizar traballo colaborativo na biblio para o seu bo funcionamento: selar os novos libros, axudar co rexistro, ordenar os recursos nos andeis, colocar carteis... Estas actividades contribuén á educación en valores do alumnado, en liña cos Obxectivos da Axenda 2030. Parabéns axudantes de biblioteca!

RECUNCHO REVISTEIRO

Imaxe
Cada mes, recibimos un novo exemplar das dúas publicacións ás que estamos subscritos este curso: o xornal O Papagaio e a revista Reportero Doc. Documentos informacionais que nos axudan a construir a nosa competencia lingüística.

CARTAS DE GRATITUDE POLA PAZ

Imaxe
Coma o pasado curso, voltamos con esta actividade para conmemorar e traballar polo  Día Escolar da Non Violencia de da Paz,   que consiste en escribir unha carta de agradecemento a persoas ou organizacións que traballan na erradicación da violencia, na promoción da cultura de paz e dos dereitos universais das persoas, etc. En definitiva, a persoas que cambian o mundo e o fan un pouco mellor, t raballando así a mentalidade de crecemento expresando a nosa gratitude.  Ademais, en concordancia co PDI "Estamos aquí", incluimos personalidades relacionadas coa promoción da cultura ecosostible, entre elas: Greta Thunberg, Oceanográfico de Vigo, Green Peace... Unha das persoas destinatarias elixida polo noso alumnado foi o noso conserxe Nemesio (Sito para todxs nós), como o maior activista do noso cole, sempre colaborando por facer do noso centro, un lugar mellor. Este homenaxe ao noso conserxe, tivo unha gran repercusión social que ata saiu en diversos medios de comunicación, como

NOVIDADES FEBREIRO

Imaxe
 Estas son as novidades neste mes fe febreiro que xa podedes ollar na biblio, agardamos que vos gusten.