21.1.17

NOVO DESAFÍO OLÍMPICO...

Dende a Biblioteca propoñémosvos un novo desafío de investigación para todo o alumnado do colexio. 
Premede na foto para coñecer en que consiste. 
Moita sorte a todos e todas!
http://pdixogosolimpicos.blogspot.com.es/2017/01/desafio-olimpico-de-xaneiro.html

16.1.17

Mochilas Viaxeiras 2016/2017

Xa están en marcha as mochilas viaxeiras deste curso! Unha por nivel viaxarán de familia en familia para coñecer máis acerca do noso Proxecto Documental Integrado "Os Xogos Olímpicos". Cada mochila leva un exemplar e un pequeno díptico coa información para as familias. As lecturas deste curso van desde os poemas ata a información sobre deportes olímpicos pasando pola banda deseñada.Agardamos que gocedes destas lecturas olímpicas!