DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

O pasado 3 de decembro conmemoramos no noso centro o Día das Persoas con Diversidade Funcional cunha serie de propostas que nos axudaron a reflexionar e sensibilizarnos sobre a importancia da inclusión e do respecto pola diversidade, algo tan presente no noso centro.

O alumnado voluntario da biblio fixo unha fantástica selección de recursos dispoñibles na nosa biblioteca relacionados coa temática da diversidade funcional. Grazas ao seu esforzo, puidemos organizar unha exposición de fondos que axudan a entender e valorar a riqueza que aporta a diversidade.

Ademais, o alumnado de infantil, gozaron dunha sesión de contacontos en Lingua de Signos Española (LSE), ofertada polo noso Concello. Esta actividade non só lles permitiu coñecer unha historia marabillosa, senón tamén seguir achegándose ao mundo da lingua de signos e comprender a importancia de eliminar barreiras de comunicación para construír unha sociedade máis inclusiva.









Comentarios