APERTURA E INAUGURACIÓN

Benvidos a todos e todas ao novo curso escolar! 

Un curso máis, Ratiña e Ratiño abren as portas da biblioteca para toda a nosa comunidade educativa, tanto en horario lectivo como en horario extraescolar, para que alumnado, profesorado e familias poidades gozar da lectura e dos xogos, dos nosos fondos e recursos e por suposto, das diversas propostas culturais.

Queremos que a biblioteca sexa un espazo de encontro para o saber, o intercambio de ideas e o descubrimento de novos intereses.


Este curso, continuamos tamén coa Campaña de recollida de tapóns solidarios, colaborando nesta ocasión coa Asociación Andaina (Redondela).


Durante a primeira semana de apertura oficial, realizamos unha actividade inicial orientada a descubrir en que Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) traballaremos ao longo do ano. Como xa sabedes, cada curso centrámonos nun ODS, dentro do noso PDI de centro "Estamos Aquí",  para afondar na súa importancia e reflexionar sobre como podemos contribuír á súa consecución.

Este ano, os nosos principais ODS elixidos son o ODS 2 "Fame Cero" e o ODS 3: Saúde e Benestar, e, máis concretamente, enfocarémonos na alimentación saudable. Queremos que todos e todas entendades a importancia de manter unha dieta equilibrada e os seus beneficios para o noso corpo, a nosa mente e o medio ambiente.

Para isto organizamos diversas propostas reflexivas como motivación para dar comezo ás nosas tarefas e investigacións: visionado dun corto educativo; observar co microscopio diferenzas entre os dous biscoitos; facer unha compra hipotética dunha merenda saudable, empregando de apoio á app YUKA.





Ademais, podemos xa atopar algunhas novidades:



Animámosvos a participar activamente nas actividades da biblioteca e a facer deste espazo un lugar para o coñecemento e a creatividade. 

Ratiña e Ratiño están ben preparados... e ti?


Vémonos na biblioteca, agardando que pasedes sempre un bo rato!

Comentarios