Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2016

ARTELLAMOS

Imaxe
OLA FAMILIAS!         Aquí vos deixamos unha mostra do material que nenos e nenas elaboraron nas súas casas con motivo das mochilas viaxeiras artísticas.      MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

MARÍA FUMAÇA

Imaxe
Ola a tod@s, Ratiño e Ratiña de biblioteca traen unha nova fantástica! O IBBY -a institución internacional máis importante no que a literatura infantil e xuvenil respecta- vén de incluír o libro-disco María Fumaça entre os dez títulos que seleccionou en España para a súa escolma "The World Through Picture Books". Agora, a locomotora musical máis famosa de todos os tempos formará parte dunha mostra itinerante que percorrerá todo o mundo comezando por Francia, Xapón e os países escandinavos. Parabéns á familia María Fumaça e en especial ao maquinista Ruí! De seguro sabedes que dispoñemos de varios exemplares á vosa disposición na biblioteca así que non tendes escusa para gozar, cantar e bailar con: MARÍA FUMAÇA Tamén podedes optar por XIQUI XOQUE FIU FIU, o segundo libro disco do grupo. No seguinte vídeo tendes unha mostra do seu contido.   Tanto no primeiro como no segundo libro atoparedes a compañeir@s da escola.  Recoñecedes a alguén?