30.9.07

CANTIGA LIBRO MAMACABRA SETEMBRO



Moi contento a escola vou,

aos amigos hei de ver,

xogarei,aprenderei
e con todos cantarei.


Coa mochila podo ben,

gomas,libros levarei,

un caderno e un pincel,

un afía e papel.


¿atréveste ti a inventar unha estrofa nova?

CANTIGA LIBRO MAMACABRA OUTUBRO




NUNHA CASA Á QUE EU FUN
TAN SÓ CONTAN ATA UN
NA CASA DOS MEUS AVÓS
SEI QUE CONTAN ATA DOUS
E NA CASA DUN INGLÉS
PODEN CONTAR ATA TRES
EU NON SEI COMO FARÁN
NA SÚA CASA OS DEMAIS

UN DOUS TRES AS FOLLIÑAS VAN CAENDO
UN DOUS TRES VAN QUEDANDO POLO CHAN
UN DOUS TRES TRAE O VENTO MOITAS DELAS
UN DOUS TRES OUTRO VENTO AS LEVARÁ

NUNHA CASA DE BOATO
TAN SÓ CONTAN ATA CATRO
NA CASA DOS MEUS VECIÑOS
SEI QUE CONTAN ATA CINCO
NA CASA DO PROFE ANDRÉS
CONTAN SEMPRE ATA SEIS
EU NON SEI COMO FARÁN
NA SÚA CAS OS DEMAIS

UN DOUS TRES CADA DÍA VAI MÁIS FRÍO
UN DOUS TRES SOPRA O VENTO DO NORDÉS
UN DOUS TRES GARDA AS LANDRAS O ESQUÍO
UN DOUS TRES COIDO QUE XA VAI CHOVER

NUNHA CASA DE XOGUETE
CONTAN SEIS E CONTAN SETE
NA CASA DUN ALEMAN
ATA OITO CONTARÁN
NESA CASA CANDO COCEN
CONTAN TODOS ATA NOVE
EU NON SEI SE ALGUNHA VEZ
CHEGAREMOS ATA DEZ

NORMAS DA BIBLIOTECA




NORMAS DA BIBLIOTECA

DEBES RESPECTAR A LECTURA DOS DEMAIS
DEBES COIDAR OS LIBROS PARA QUE POIDAN SER LIDOS POR OUTROS NENOS E NENAS.
OS RESPONSABLES DA BIBLIOTECA PODEN AXUDARTE A BUSCAR O LIBRO QUE TI QUERES.
PODES LEVAR LIBROS EN PRÉSTAMO A CASA.




HORARIO DA BIBLIOTECA




ABRE TODAS AS TARDES DE 16:00 – 17:00 h.
ABRE ADEMAIS NO RECREO.
CADA CLASE DISPÓN DE 2 HORAS SEMANAIS PARA FACER USO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA.

É...¡A HORA DE LER!