Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

NOVIDADES ABRIL

Imaxe
Este mes de abril é especialmente significativo para nós, xa que non só celebramos o Día do Libro Infantil (2 de abril), senón que tamén recoñecemos a importancia das bibliotecas na educación e no desenvolvemento dos nenos e das nenas. Como parte das nosas celebracións este mes, compartimos as últimas adquisicións bibliográficas na nosa colección. Estade moi atentas/os, porque non serán as únicas.