17 de maio de 2018

"PRESENTACIÓN CONTO VIAXEIRO 2018"

ESTA SEMANA AS NENAS E NENOS DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA FIXERON A PRESENTACIÓN DO NOSO CONTO VIAXEIRO. ESTE FOI UN CONTO ELABORADO POR TODAS AS CLASES DURANTE TODO O CURSO ESCOLAR. 

ESTIVO XENIAL E FIXÉRONO FENOMENAL!

MOITAS FELICIDADES!                   
                         

"LETRAS GALEGAS 2018"

CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS A BIBLIOTECA FÍXOSE COA COLECCIÓN DOS BOLECHAS: "AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS". NELA DANSE A COÑECER OS DIFERENTES PERSOEIROS HOMENAXEADOS.

"LETRAS GALEGAS 2018"

ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS É ADICADO A MARÍA VICTORIA MORENO E O GRUPO A "BANDA DA LOBA", PRESENTA O SEU VÍDEO CLIP INSPIRADO NA NOVELA DA HOMENAXEADA: "ANAGNÓRISE"       

                       

10 de maio de 2018

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

HOXE TIVO LUGAR NA BIBLIOTECA UN CONTACONTOS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE MOS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE 1º E 2º DE PRIMARIA.




7 de maio de 2018

"EXPOSICIÓN DE MAQUETAS"

MAÑÁ POLA TARDE É O DÍA NO QUE PODEDES VIR AS FAMILIAS A VER AS MAQUETAS QUE SE FIXERON DENTRO DO PROXECTO "O PATIO QUE SOÑAMOS".