Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2008

ÁFRICA,OUTRA MIRADA

Imaxe
PINCHA NA FOTO PARA SABER MÁIS COUSAS DE BINTA. A película proxectada na biblioteca "BINTA Y LA GRAN IDEA"mostrounos a problemática dos nenos e nenas africanos.Amosounos as dificultades,sobre todo para as nenas,para ir á escola;pero tamén nos ofreceu unha mirada diferente de como pode ser visto desde o continente africano o primeiro mundo no que nós vivimos. Unha película altamente recomendable que nos fai pensar si toda a abundancia na que vivimos en Europa é suficiente para conseguir a felicidade.

30 XANEIRO DÍA DA PAZ

Imaxe
Fantástico cartel conmemorativo do DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA realizado por Beatriz Gonzalez López e que envían para desfrute de todos nós desde a Biblioteca do IES Río Cabe.

LIBROS PARA A PAZ E A NON VIOLENCIA

Imaxe
Coincidindo coa celebración do día da PAZ no BAÚL DOS CONTOS apareceu unha fantástica sorpresa,unha CARTEIRA DE VALORES . Once libros cargados de sentimentos,valores e aspectos positivos. Arroz e tinta Quen necesita un sombreiro máxico? Nenas e nenos de todo o mundo. Un día de caca e vaca. Os gardiáns do bosque. Armada até os dentes. O marciano Marcial. A bruxa enrabechada. A bruxa que comía as palabras bonitas. Corre,Sebastián,corre! Xogo e aprendo.(Neste último libro da maleta atoparás atividades interesantes sobre cada unha das historias anteriores) Están á vosa disposición na BIBLIOTECA. PINCHADE NA FOTO E LEREDES AS OPINIÓNS LECTORAS DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA ACERCA DESTES LIBROS.

PELÍCULAS CON SENSIBILIDADE

Imaxe
Con motivo do DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA,proxectaremos na biblioteca "EN EL MUNDO A CADA RATO". Seleccionamos a historia de Binta,unha nena que nos levará a coñecer a realidade de África desde os seus ollos de nena e a de Ravi, neno indio que nos mostrará a súa ilusión por ir a escola e participar no baile de fin de curso. PINCHA NA FOTO PARA SABER MÁIS COUSAS DA PELÍCULA.

CANCIÓNS PARA A PAZ E A NON VIOLENCIA

VÍDEOS PARA A PAZ E A NON VIOLENCIA

Vídeo da iniciativa dun cole de Cantabria polo DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.Saíron á rúa e regalaron abrazos.........GRATIS!!! CONTRA A VIOLENCIA.....MOITO,MOITO....AMOR.

BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

POEMAS PARA A PAZ E A NON VIOLENCIA

ISE NENO DA RÚA Non é certo que os nenos teñan fame Non pode ser. Ben o sabedes todos os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos. Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola, non teñen fame, non, porque daquela vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡- sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petando na porta de ferro. Por iso penso que non é verdade o que algún caviloso di dos nenos que andan así petando pola vida. -¡Non, home, non!- lle dixen a un de aqueles -A xente pasa leda......¡Fora boa que andivesen a rirse dos seus crimes! . Xosé María Álvarez Blázquez(Tui 1915-1985)

POEMAS PARA A PAZ E A NON VIOLENCIA

AUGA SEN DONO A auga que leva o río vai moi cargada de bicos. Os bicos non teñen patria. A auga non ten vila. -Ten murallas a nube? Ten a nube segredos? A auga que leva o río é mazá,pan e horta. É mar,é peixe,é pomba, é canción e cancioneiro. -Pódese engaliolar á nube? Pódese engaiolar o ceo? Que corra a auga do río ata sementar os desertos. Que todos a beban,todos. A auga non ten dono! "Poemas para la paz". (José González Torices. Ed. Everest)

PONTE...NAS PONTES

Este é o video promocional da Candidatura do Patrimonio Inmateraial Galego-Portugués que vai ser presentada ante a UNESCO para o seu recoñecemento internacional. 2000 nenos e nenas participaron na súa gravación nas pontes sobre o río Miño. Todos os nenos e nenas da escola coñecemos a cantiga "Máis perto" que acompaña ao video e que está recollida no traballo Meniños Cantores e que forma parte dos fondos da nosa biblioteca. Sorte para esta candidatura!