30.3.17

MARZO, MES DA POESÍA...

Este mes de marzo o colexio encheuse de poesía! Primeiro celebramos o Día da Poesía creando poemas colectivos que serán recollido nun libro que ocuparán un lugar mois especial no andel de poesía e logo irrumpindo nas ulas de forma sorpresiva sen horario e sen control para ler e recitar poemas. 
Estas Accións Poéticas Subversivas (APS) leváronse a cabo durante dúas semanas, e neste vídeo queda unha mostra. Os nenos e nenas de educación infantil recitan o seu poemiña para os nenos e nenas de primeiro.
Foron momentos poéticos fantásticos que fixeron do cole un lugar especial durante este mes de marzo!  
VIVA A POESÍA!


8.3.17

8 DE MARZO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

Chega de novo o 8 de Marzo e desde a biblioteca imos abordar un dos días máis importantes do noso calendario de celebracións.
Un ano máis o colexio vai parar a súa dinámica diaria para centrarse na IGUALDADE.
Cinco horas de reflexión sobre a necesidade de pelexar pola igualdade entre homes e mulleres.
Nesta ocasión ímonos centrar no mundo deportivo: estereotipos, vestimentas, sexismo... desde o punto de vista de cinco especialistas en diferentes modalidades deportivas.
Érika falaranos de ximnasia rítmica, José Ramón de ciclismo, Lola de Voleibol, Alba de baloncesto e Noela de Hockei.
Seguro será unha xornada do máis interesante para o noso alumnado de infantil e primaria baixo o lema:
"NENOS E NENAS SOMOS IGUAIS E QUEN NON PENSE ASÍ AQUÍ ESTÁ DE MÁIS"

Gozade coa canción "Hemisferios". 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo