30.11.15

XOSÉ NEIRA VILAS, O ADEUS A UN NENO LABREGO.

Dende o Equipo de Biblioteca, queremos facer notar a nosa mágoa pola perda dun dos mellores representantes da nosa lingua na escrita.

O escritor, Xosé Neira Vilas, faleceu este pasado venres ós 87 anos de idade. 

Xosé Neira Vilas, o autor de Memorias dun neno labrego (o libro máis lido na historia da literatura galega), déixanos cunha prolífica obra na que destacan escritos sobre a emigración e a Galicia rural.


Membro da Real Academia Galega, Doctor Honoris Causa polas facultades de A Coruña e A Habana, premiado tanto pola crítica española coma pola galega, Premio Laxeiro, Premio Celanova Casa dos Poetas, Medalla de Castelao, Medalla de ouro de Galicia, etc.; son entre outros moitos dos seus logros.

Pero se algo botaremos de menos de Neira Vilas, estas serán dende logo, as súas letras. Deixámosvos cun dos seus poemas, esperando con ansia o día que as festexemos nun 17 de maio. Ata sempre, querido neno labrego.


XOGUETE


O neno pobre cabalga

nunha ponla de carballo.


-  Arre, cabalo rabisco

galopa e rincha voando.


Así vai de beira en beira

suorento, ilusionado.


Ben sabe que é pouca cousa

enredar cunhos follacos.


Na tenda hai xoguetes finos

pero non poden mercarllos.


Por eso anda o neno pobre

sobre dun pobre ramallo.





25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola a todxs, nenxs!

Hoxe queremos facer unha paréntese nas nosas labores para lembrar a importancia que teñen para nós datas coma as da semana pasada.

25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.

Para mostrar a nosa implicación con esta importante data vos propoñemos esta curta que nos trouxeron dende un grupo do concello que viu a dar unha charla xs nenxs sobre a temática. 

video

Lembrade que este día e para traballar todos os días. No cole, na casa, cos pais, cos irmáns, sempre.

Por último queremos sumarnos o hashtag 

#NiUnaMenos

Por todas as mulleres que pedemos este ano.



25.11.15

Exposición do mes de tradición oral na biblio

Todavía non pasaches pola expo que temos na biblio?

A que esperas?

Durante uns días teremos na nosa biblioteca unha expo moi especial, feita grazas a contribución de moitos de vós. Estamos encantado co resultado!! 

MIRADE QUE CHULADA!!!!
 















Ven pola biblio e poderás facer unha viaxe polo pasado!! Con motivo do festexo do mes de tradición oral, traballamos a tradición no cole. Está superrrrecomendado! ;)



Ata máis ver!!

17.11.15

#JeSuisParís

Onte ás 12:00 da mañá tivemos no cole un minuto de silencio polas víctimas dos atentados de París desta fin de semana.

Dende o equipo de biblioteca queremos sumarnos ás mostras de respecto e condolencia polas víctimas e as súas familias.

Queremos mostrar, nestes momentos máis que nunca, a nosa paixón pola cultura e pola diversidade, polo respecto e pola paz.

Invitámosvos a expresarvos no noso blog na sección de comentarios acerca dos vosos sentimentos neste intre.

#JesuisParís



 

13.11.15

33 RAZÓNS PARA LER

Ola a todxs!!

Para esta fin de semana ou para calquera momento en particular, xa sabedes que hai milleiros de razóns para ler. Aínda así, vos compartimos esta imaxe de Barco de vapor, onde nos comentan algunhas a modo de infografía.








Podes deixar a túa razón en comentarios, debaixo da entrada. Ratiño e Ratiña prometemos contestarvos a todos os que vos animedes.


E aproveitamos para recordarvos que xa está en marcha o blog do Proxecto Documental Integrado deste ano, Artella-Mos. Podedes acceder a el dende o enlace que tedes na cabeceira deste blog, pero vos deixamos un enlace directo AQUÍ.


Ata prontoooooo!!!

5.11.15




OLA NENAS E NENOS!!!!!



RATIÑA E RATIÑO QUEREMOS INFORMAROS QUE DESPOIS DE MOITO TRABALLO XA TEDES NA BIBLIOTECA O LIBRO QUE COUSA COUSIÑA É? NO APARTADO DE NOVIDADES. NESTE LIBRO ATÓPANSE TODAS AS ADIVIÑAS QUE TANTO INFANTIL COMO 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA NOS TROUXESTES COA AXUDA DA VOSA FAMILIA O CURSO PASADO.


MOITAS GRACIAAAAAASSSSSSSS!!!!

3.11.15

AVISO IMPORTANTE A NAVEGANTES LECTORES

Ola a todos, rapaciñxs!

Temos que darvos un aviso moi, moi importante!! 

Lembrades a actividade que temos pendente para novembro relacionada coa tradicion oral?

Pois xa estamos en novembro!! Así que tedes que ir buscando neses faiados as fotos antigas da avoa no cole, do tío Pepe con esa cara de traste, de mamá e as súas coletas,... De quen vós queirades que nos axude a festexar o mes da tradición no cole.


Estamos desexandeo ver esas fotos alucinantes, cheas de historietas e anécdotas das boas.  

E lembrade que se tedes un avó marchoso, unha avoa que non cala nin debaixo da auga ou uns pais os que lles guste falar moito dos seus tempos mozos no cole; estaremos encantados de recibilos para que nos falen das súas vivencias.

Este vai ser un mes para á lembranza e querémolo vivir con todxs vós.

Ata pronto, amiguiñxs!!

24.10.15

NOVEMBRO, MES DA TRADICIÓN ORAL.

Ola de novo, amiguiñxs!

Ratiño e Ratiña voltamos con novas para o mes de novembro. 

No vindeiro mes propoñémosvos a todxs: nenxs, nais, pais, avoas, avós, bisas, tátaras, profes, everybody, que participedes nunha actividade para conmemorar o fenómeno cultural da tradición oral.

A tradición oral, é un xeito de transmisión cultural das tradicións dun pobo mediante relatos, contos, fábulas, conxuros, cancións, trabalinguas, etc. Esta transmisión faise de pais a fillos nun regueiro de xeracións que herdan sabiduría que combate co tempo.



E como nós estamos a favor de todo tipo de transmisión cultural, dende o Equipo de Biblioteca queremos convidarvos a que a cultura local non desapareza mediante unha actividade para a que necesitamos da vosa colaboración. O noso colexio, a pesares dos cambios na súa estructura, albergou os ruidosos e cantareiros pasos de varias xeracións. Formade parte da historia do cole con esta expo para a lembranza!!

Aquí vos deixamos colgada a carta que recibiron as rapazas e rapaces esta semana, onde o explicamos todo.

 



Ata pronto, amigxs!!




 

7.10.15

#DMPC

Ola a todxs, rapaces e rapazas do cole.

Hoxe, foi un día moi sinalado no noso colexio, e nós, Ratiño e Ratiña, nos enteramos dunha actividade que fixeron os nenos de 6º curso que vaga a pena mencionar.

Todxs vós, estades moi ao tanto das novas en tecnoloxía, comunicacións e redes sociais. E sí, xa sabemos, vos encantan!! Por este motivo, seguramente saberedes o que é un hashtag...

Efectivamente... #

Todo o que vai seguido desta icona, simboliza unha idea que quero destacar e agrupar na rede para que todo mundo teña acceso a ela, para darlle visibilidade.


Pois ben, dende os cursos de 6º, hoxe mesmo, pola mañá, traballaron co seguinte hashtag:


#DMPC


E que significa este hashtag? Pois é o recordatorio dunha data moi sinalada que todos nós deberiamos ter moi en conta: 

o Día Mundial pola Parálise cerebral.  

Miles de persoas inundan hoxe as redes sociais con selfies co hashtag, ou ben con estas pulseiras que simbolizan a concienciación neste evento.




O alumnado de 6º non quixo ser menos e tomouse os seus propios selfies cunha pulseira como esta da foto, facilitada por un compañeiro. A actividade consistiu en dar visibilidade a unha realidade cotiá que afecta a todxs no noso colexio.












Dende a biblioteca do cole e dende o CEIP Mestre Martínez Alonso, nos gustaría resaltar a labor desdes nenos que durante uns minutos tomaron conciencia do que significa ter unha capacitación "diferente" á que a sociedade nos marca como normal. Ademais convidámosvos a que reflexionemos entre todxs xs membros da comunidade educativa sobre o que a parálise cerebral supón para aqueles que a padecen, e como forma parte dunha realidade de todos os días para eles. Xuntos, podemos máis. E para mostra estes selfies.

Sodes estupendos, chicxs! O voso <3 é inmenso!



Ata pronto!


EDITORIAIS CANTONEIRAS E MÁIS PISTAS SOBRE O PDI.

Ola a todxs, mozos e mozas!

Cómo vos vai?


Dende a biblioteca queremos facer un par de avisos para que estedes enterados das últimas novas. 

Primeiro que nada, contarvos que xa estades a desfrutar da labor feita o ano pasado dende "Editoriais Cartoneiras". Trátase dos libros que están nos pasillos do cole. Sabede que podedes facer uso deles na hora de ler ou no momento que desexedes, sempre que os coidedes e deixedes ordeados no mesmo lugar ode se atopan. Nós, Ratiño e Ratiña, xa comprobamos que algúns de vós estades enganchados aos novos libros de moda no CEIP Mestre Martínez!! :)




Esperamos que disfrutedes deste material inédito e inigualable!

Deixámosvos estas imaxes dos pasillos do cole para que localicedes estes tesouros de papel.





E ademais, unha nova que vos vai facer botar fume pola orellas!!! 


Na biblio temos unha sección de libros NOVOS coa temática do Proxeto Documental Integrado deste ano!!!! Soamente vos tedes que pasar pola biblio para averiguar de que se trata!!! Eiquí vos deixamos unha foto tamén!


Que será, será?...

Ata pronto, amiguiñxs!!!  ;)

29.9.15

Ola, rapazada!

Como vai ese inicio das clases? Seguro que estades encantados e ilusionados co novo curso...

Moitos de vós andades a preguntarnos insistentemente polo proxecto deste ano.


Tranquiliños todos!! 


Ratiño e Ratiña estamos a traballar duro para preparar un curso cheo de actividades chulísimas. Ímolo pasar en grande, coma todos os cursos pasados. E sí, haberá Proxecto Documental Integrado.

Peeeeeeeeero... tic, tac, tic, tac,...



Teredes que agardar ata o día de Samaín. Na festa máis terrorífica da escola vos anunciaremos a temática do novo proxeto deste ano.

Pero..., supoñemos que queredes que vos adiantemos algunha pista. Claro! jajajajaja.

Pois podemos dar unha pequeniña. O proxecto vai de..., algo presente en todo lugar e en toda época histórica. Está en todas as casas, nos libros, na biblio, nas clases,...

Ai, que nervios!


Deixámolo por hoxe, chicxs! Despedímonos cun pouco da maxia da biblioteca!!


video



ATA PRONTOOOOO!!!

18.9.15

O CONTO VIAXEIRO

Ola a todos, razapada!!

Este ano voltamos cunha actividade que sabemos vos encanta!!





O CONTO VIAXEIRO!!!




Coma noutros anos decidimos que é unha boa idea retomar unha das actividades máis chulas da biblio. Se tedes boa memoria, trátase de facer un conto entre todxs xs nenxs do cole.  

Para facilitarvos a labor, xa lles entregamos aos titores unha copia coa temporalización das tarefas. Teredes que continuar o conto que iniciará 6ºB o día 22 deste mes cun prazo máximo dunha semana para cada curso

Ademáis,  para que quede moi moi chulo, ilustraredes a vosa parte do conto cunha imaxe representativa do voso relato.

Podedes empregar aquelas técnicas de imaxe que máis vos gusten (puntillismo, raiado, colage, fotografía, acuarela, branco e negro,...). Creatividade ao poder!!!

Aquí vos lembramos os turnos e as datas que vos corresponden.



Ratiño e Ratiña estamos desexando ver a vosa creación e prometemos colaborar con vós encuadernando este traballo para que quede como libro de consulta na biblio.

Que vos parece? Gústavos a idea? Podedes deixar algunha suxerencia nos comentarios!!!

Eeee, tres, dous, un...
 adiante, escritorxs!!!!

Abuuuuuur!!!

15.9.15

COMEZAMOS...

Ola a todxs!!!


Non sabedes que ilusión temos enriba, comezamos un novo curso!!!

Benvidos todxs a este novo comezo. Outro ano escolar cos seus exames, cos deberes, coas broncas dxs profes,... E coa BIBLIOTECA!!!!



A biblio é o mellor do cole, no te parece? 

Se eres desxs alumnxs que están desexando levar libros en préstamo, non te apures. O vindeiro mes de outubro a biblio volve a abrir as súas portas para que poidas levar o material que desexes. Lembra, de outubro a maio, terás a oportunidade de entrar no mundo de fantasía, diversión e acción que te oferta a nosa bibliteca.

Nós, Ratiño e Ratiña, esperámoste con moitísimas novidades, así que estade atentxs!

En breve vos deixaremos colgado o horario de atención.



E para rematar por hoxe, deixámosvos un video dun cativo que chora cada vez que remata os contos. Pásavos igual?

Ben sabemos que sí!!!!! 

Ata pronto!!


video

30.5.15

OLA PARROQUIA, ESTES DÍAS ESTIVEMOS CELEBRANDO A SEMANA 

CULTURAL NA    NOSA BIBLIOTECA. FIXEMOS MOITAS  ACTIVIDADES 

DIVERTIDAS NAS QUE  APRENDEMOS, SEN DECATARNOS, A FALAR E 

A ESCOITAR  ÓS  DEMAIS.

  AÍ  VAI  UNHA MOSTRA DO "TALLER DE PEDRAS", ONDE SAÍRON 

 HISTORIAS  DO MAIS CURIOSAS

24.4.15

Porque onde alguén ve límites outros vemos  o inicio 

dun camiño



https://www.youtube.com/watch?v=9fGD_NW0SHU&spfreload=10


22.4.15

ESTA SEMANA, RATIÑO E MAIS EU  ESTAMOS DE NORABOA, O 

    23 DE ABRIL  CELEBRAMOS O    DÍA DO  LIBRO.

COMO IMAXINADES CON ESTA BIBLIOTECA CHEA   DE MARAVILLOSOS  LIBROS 

TEMOS MOITO QUE CELEBRAR.

E COMO RATIÑO E MAIS EU  SÓMOSCHE MOI AFORRADORES DECIDIMOS IMITAR  A

IDEA DAS " EDITORIAIS CARTONEIRAS",  ASÍ QUE NO NOSO COLE

IMOS   ELABORAR  CON CARTÓNS PORTADAS PARA OS NOSOS " LIBROS DOENTES" E DEIXALOS  COMA NOVOS E POR RIBA CUNHA ESTÉTICA ÚNICA E DIFERENTE E SEN GASTAR UN EURO.



PARABÉNS  A TODO/AS!!!!!!!!

24.2.15

GOOGLE APÚNTASE O DÍA DE ROSALÍA





Google crea hoxe un doole co aniversario de Rosalía de Castro
 
 
Hoxe hai 178 do nacemento de Rosalía. 
 
Un libro e unha flor é o agasallo para o día de Rosalía, e google agasállanos cunha recompilación escollida de recursos sobre esta autora.
 
"Adios ríos, adios fontes,
adios regatos pequenos;
adios vista dos meus ollos 
non sei cando nos veremos."
 
Grazas a quen o fixo posible e nos dou esta alegría. Grazas, porque entre nós non hai casualidades nin milagres.
 
 

7.2.15

"HORA DE LER"

Ratiña e máis eu tiñamos moita curiosidade por saber por que tódolos días entre as 12 e as 12´15 había tanto silencio no cole.....

Así que, xa que este curso estamos moi científicos,  ocorréusenos investigar....

E esto foi o que descubrimos......













Por iso estabades todos tan caladiños..... !!!!!!


Era a ....  "Hora de Ler" 


MISTERIO RESOLTO!!!!!!


P.D. - ENCÁNTANOS VER O BEN QUE O FACEDES.......




27.1.15

30 DE XANEIRO  " DÍA DA PAZ"


OLA  FAMILIAS,  AQUI VAI A CANCIÓN QUE CANTAREMOS O VENRES PARA

CELEBRAR O DÍA DA PAZ CO LEMA:

  " A CONCIENCIA DUN MUNDO EN PAZ"

IDE ENSAIANDO!!!!!

https://www.youtube.com/watch?v=tcP_Pyws2tY

14.1.15



OLA AMIGA/OS,  FEDELLANDO NO ORDENADOR RATIÑO E MAIS EU ATOPAMOS UN 

CONTO MOI ORIXINAL,  ESTADE ATENTOS QUE TAMÉN O  CONTAN  DUNHA

FORMA  DIFERENTE . ESPERAMOS  QUE VOS 

GUSTE.   ATA PRONTO

                     PINCHA AQUÍ!