Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015
Imaxe
Ola, rapazada! Como vai ese inicio das clases? Seguro que estades encantados e ilusionados co novo curso... Moitos de vós andades a preguntarnos insistentemente polo proxecto deste ano. Tranquiliños todos!!   Ratiño e Ratiña estamos a traballar duro para preparar un curso cheo de actividades chulísimas. Ímolo pasar en grande, coma todos os cursos pasados. E sí, haberá Proxecto Documental Integrado. Peeeeeeeeero... tic, tac, tic, tac,... Teredes que agardar ata o día de Samaín . Na festa máis terrorífica da escola vos anunciaremos a temática do novo proxeto deste ano. Pero..., supoñemos que queredes que vos adiantemos algunha pista . Claro! jajajajaja. Pois podemos dar unha pequeniña. O proxecto vai de..., algo presente en todo lugar e en toda época histórica. Está en todas as casas, nos libros, na biblio, nas clases,... Ai, que nervios! Deixámolo por hoxe, chicxs! Despedímonos cun pouco da maxia da biblioteca!! ATA PRONTOOOOO!!!

O CONTO VIAXEIRO

Imaxe
Ola a todos, razapada!! Este ano voltamos cunha actividade que sabemos vos encanta!! O CONTO VIAXEIRO!!! Coma noutros anos decidimos que é unha boa idea retomar unha das actividades máis chulas da biblio. Se tedes boa memoria, trátase de facer un conto entre todxs xs nenxs do cole.   Para facilitarvos a labor, xa lles entregamos aos titores unha copia coa temporalización das tarefas. Teredes que continuar o conto que iniciará 6ºB o día 22 deste mes cun prazo máximo dunha semana para cada curso .  Ademáis,  para que quede moi moi chulo, ilustraredes a vosa parte do conto cunha imaxe representativa do voso relato. Podedes empregar aquelas técnicas de imaxe que máis vos gusten (puntillismo, raiado, colage, fotografía, acuarela, branco e negro,...). Creatividade ao poder!!! Aquí vos lembramos os turnos e as datas que vos corresponden.   Ratiño e Ratiña estamos desexando ver a vosa creación e prometemos colaborar con vós encuadernando este trab

COMEZAMOS...

Imaxe
Ola a todxs!!! Non sabedes que ilusión temos enriba, comezamos un novo curso!!! Benvidos todxs a este novo comezo. Outro ano escolar cos seus exames, cos deberes, coas broncas dxs profes,... E coa BIBLIOTECA !!!! A biblio é o mellor do cole, no te parece?  Se eres desxs alumnxs que están desexando levar libros en préstamo, non te apures. O vindeiro mes de outubro a biblio volve a abrir as súas portas para que poidas levar o material que desexes. Lembra, de outubro a maio , terás a oportunidade de entrar no mundo de fantasía, diversión e acción que te oferta a nosa bibliteca. Nós, Ratiño e Ratiña , esperámoste con moitísimas novidades, así que estade atentxs! En breve vos deixaremos colgado o horario de atención. E para rematar por hoxe, deixámosvos un video dun cativo que chora cada vez que remata os contos. Pásavos igual? Ben sabemos que sí!!!!!  Ata pronto!!