23 de xaneiro de 2011

BIBLIOTECA E PAZ

CINE PARA A PAZ:
Ao longo destes últimos días do mes de "Xaneiro, mes de Paz" gozaremos coa proxección da película UP, estade atentos porque Ratiño e Ratiña deixarán as entradas para cada sesión nas aulas.
Despois realizaremos as actividades para a pizarra dixital que o Equipo de Biblioteca elaborou para que todos reflexionemos sobre valores como a amizade, a non violencia...



RECEITAS PARA A PAZ:
O equipo de biblioteca propuxo a elaboración de receitas para a paz, non esquezades o instrumental , os ingredientes necesarios e indicar os pasos da elaboración da vosa receita. Con todas elaboraremos un libro que quedará na estantería de "Libros Feitos por Nós"

10 de xaneiro de 2011

ALEGRÍA, NESTE XANEIRO MES DE PAZ...



TENDES A CONTINUACIÓN A MESMA CANCIÓN COA LETRA ESCRITA EN ITALIANO, INGLÉS E ESPAÑOL...A LER E CANTAR