Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2009

30 DE XANEIRO:CONSPIRACIÓN POLA PAZ

PAZ????????????? PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas. PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia. PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade. Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado. Utopía imposíbel. Palabra que xera poesía. Poesía? Poesía e Paz. Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ. Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da

WEBQUEST:XANEIRO, MES DE PAZ

Imaxe
O Equipo de Biblioteca elaborou unha Webquest sobre a conmemoración do día 30 de Xaneiro "Día Escolar da Non-Violencia e da Paz". A investigación que tendes que realizar, ratiños e ratiñas de biblioteca, centrarase en tres bloques: Cuestións acerca do Día Escolar da Non-Violencia e da Paz Cuestións acerca do venta de armas no mundo e a pobreza. Cuestións acerca de reflexións e poemas sobre a Paz. Premede na foto dos ratiños para iniciar a vosa investigación

XANEIRO: PAZ E NON VIOLENCIA A TRAVÉS DA MÚSICA

Do documental "Playing for change:peace throuhg music" (Tocando para o cambio:PAZ a través da música) atopamos esta fermosa canción "Stand by me" interpretada por músicos da rúa de todo o mundo.

XANEIRO: PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar pola Paz e a Non Violencia", con tal motivo colgamos no blog esta canción do grupo Cómplices cunha letra cargada de simbolismo. "NO DUDARÍA" Para os ratiños e ratiñas cantores da escola