Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

NOVIDADES FEBREIRO

Imaxe
 Xa podes atopar na biblioteca estas novidades!

ENTROIDO

Imaxe
Neste Entroido, todas as clases participamos nun concurso de receitas, o cal consiste en elaborar unha receita típica do Entroido, desenvolvendo diversas competencias (lingüística, dixital, cultural, artística, matemática...) así como a nosa creatividade. Cada clase ou alumnx elixirá qué tipo de receita quere presentar, xa que pode ser a nivel individual ou colectivo. O que se valora é a execución, presentación... non o resultado final en sí. Para insipirarse nas elaboracións, así como para a búsqueda de información necesaria, a biblioteca ten unha exposición de materiais que poden resultar de axuda e apoio. Cada clase votou a súa favorita, e outorgouse un agasallo para as aulas: un libro relacionado coa temática do PDI, para o banco de recursos de biblioteca de aula e para empregar como medio informacional para continuar ampliando os nosos coñecementos sobre o mundo animal. Aquí vos deixamos algunas das receitas: MMMMMMM...... Ademais, o pasado venres gozamos do tradicional desfile e

"CONMEMORACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ"

Imaxe
     Para a conmemoración deste día e tendo en conta o P.D.I. desta ano,  deuse a coñecer entre o alumnado a historia do “Nacemento do dragón”, figura popular en Chiña e que é o seu símbolo da boa sorte e a paz. Entre todo o  alumnado do centro elaboramos noso  propio dragón da boa sorte e a paz.     Escribíronse  “Cartas de gratitude pola Paz”. Cada neno/a escribiu a súa carta de gratitude a persoas e organizacións ás cales se lles fixerán chegar. Así mesmo, tamén escribiron cartas de agradecemento a un compañeiro/a de clase que doblaron en forma de avión e fixéronos voar na hora do patio.

ESCOLA DE FAMILIAS EducANDO 2.0

Imaxe
  O pasado mes de Xaneiro iniciamos a nosa Escola de Familias nunha nova versión telemática, EducANDO 2.0.  En colaboración co CFR de Vigo, levaranse a cabo unha serie de charlas educativas dirixidas ás familias (ainda que tamén en aberto para toda a comunidade educativa interesada) co obxectivo de formarnos e educar xuntxs. A primeira das charlas para educar en tribo foi: "Coñezo o meu colexio?" , onde, impartido por diferentes docentes do centro, explicouse o noso ideario de centro así como os diversos programas e proxectos levados a cabo, entre eles, o noso proxecto de biblioteca e o desenvolvemento das nosas actividades, dentro da iniciativa Plambe. Deixamos a presentación da biblioteca na charla de inauguración desta Escola de Familias. Outra das charlas foi da man de Sabela Gago sobre "Animación á lectura", co obxectivo de coñecer diferentes estratexias educativas para facer lectores/as no seo familiar.