Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2016

ATENCIÓN: COMEZAN OS DESAFÍOS OLÍMPICOS DESTE CURSO!

Imaxe
Premede no enlace ou na foto para saber cal é o primeiro desafío olímpico deste curso. Está destinado para os nenos e nenas de educación infantil e primeiro e segundo de primaria. Ánimo a tod@s! PREME AQUÍ!

TRADICIÓN ORAL E XOGOS OLÍMPICOS NA BIBLIOTECA...

Imaxe
Onte tivemos a vistita á nosa biblioteca de Begoña e Cecilia, dúas xogadoras de balonmán. Ademais tamén nos visitou Abel, o papá dun dos nenos da escola que é entrendor deste mesmo deporte. A visita encadrouse dentro do noso proxecto para este curso sobre os Xogos Olímpicos e en concreto dentro das actividades de tradición oral que se levan a cabo no mes de novembro. Begoña Fernández é nada máis e nada menos que medallista olímpica, bronce nos xogos olímpicos de Londres 2012, e Cecilia segue a súa estela, non nos estrañará nada vela nun futuro defendendo a camiseta da selección española xa que no vídeo que nos puxeron non paraba de marcar goles!  A charla estivo do máis interesante e resultou moi emocionante ver a unha das mellores xogadoras de todos os tempos no noso colexio respondendo ás inquietudes do noso alumnado. Grazas a Abel, Cecilia e Begoña por participar no noso proxecto!

NOVO RECUNCHO INFORMÁTICO!!

Imaxe
OLA A TODXS, QUERIDIÑXS!!! SABEDES DENDE ONDE ESTAMOS A ESCRIBIR ESTA ENTRADA DO NOSO FANTÁSTICO BLOG? POIS DENDE O NOVO RECUNCHO INFORMÁTICO DA BIBLIO !!! QUE AÍNDA NON O USACHES???!!   POIS A QUE ESPERAS???!!! A BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN É MOI DIVERTIDA SE EMPREGAS OS MATERIAIS INFORMÁTICOS. ADEMAIS, NOS NOSOS ORDENADORES PODERÁS ACCEDER A : PÁXINA WEB E DICIONARIO EN LIÑA DA RAG (REAL ACADEMIA GALEGA). PÁXINA WEB E DICIONARIO EN LIÑA DA RAE (REAL ACADEMIA ESPAÑOLA). OS DICIONARIOS DA ENCARTA . A ENCARTA, EDICIÓN 2009  A MIÑA PRIMEIRA ENCARTA, PARA OS MÁIS CATIVOS. ACCESO DIRECTO Á WIKIPEDIA EN GALEGO ACCESO DIRECTO Á WIKIPEDIA EN CASTELÁN ACCESO DIRECTO Á WIKIPEDIA IN ENGLISH ESO SÍ, COMPRE COIDAR MOITO O MATERIAL , ASÍ QUE NÓS (XA SABEDES, RATIÑO E RATIÑA ), QUIXEMOS MOSTRARVOS UN CAMIÑO PARA PODER TER UNHAS BOAS PRÁCTICAS NO NOSO NOVO RECUNCHO!  BOA VIAXE!!!               ASÍ