Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2007

AVENTURA NA BIBLIOTECA

24 DE OUTUBRO DIA DAS BIBLIOTECAS

Aproveitando que o mércores 24 era o DIA DAS BIBLIOTECAS o noso ratiño de biblioteca enviou por carta a cada neno e nena da escola o seu novo carnet de biblioteca...foi moi emocionante por que non sabemos como puido facer para repartir as máis de 170 cartas...sabemos que as enviou por avión desde BIBLIOTEQUIX pero apareceron de xeito moi misterioso:nalgunhas clases deixounas dentro dos libros,noutras tiradas polo chan,noutras ás nove da mañán e noutras despois do recreo.O máis sorprendente é que ninguén conseguiu ver a tan misterioso rato mentras andaba polo colexio a repartir esta correspondencia. Tamén enviaba unha carta para ler os pais e nais d@s nen@s e donde nos invitaba a ir ás bibliotecas de Mos,Redondela e Porriño.Todas están moi cerca e según este ratiño teñen un montón de libros e pelis agardando a que un nen@ os leve prestado.

DEIXA O TEU COMENTARIO ACERCA DO RATO DE BIBLIOTECA

Imaxe
Deixa a túa opinión acerca do misterioso rato de biblioteca...

CARTA DESDE BIBLIOTEQUIX

Imaxe
Aquí temos as fotos da carta que amablemente desde BIBLIOTEQUIX enviou o rato de biblioteca,a carta como podedes ver foi enviada por correo URXENTE Polo que vimos no sobre o RATO DE BIBLIOTECA vive na rúa do Libro , nun lugar chamado BIBLIOTEQUIX.

CARTA DUN RATO DE BIBLIOTECA

Imaxe
Hoxe mércores 17 de outubro os nenos do colexio Mestre Martínez Alonso recibiron unha enorme carta por correo URXENTE. F oi unha grande sorpresa...escribiunos un rato de biblioteca que despois de andar polo mundo adiante visitando bibliotecas doutros colexios decidiu quedarse a vivir con nós. Aínda non o coñecemos en persona pero dentro da carta había fotos que demostraban que ese misterioso rato estivera na nosa escola. Subiu polas estanterías,leu o libro dos tres porquiños,o libro de mamacabra,os dos pequechos. En fin, ese rato estivera na nosa escola e ninguén se dera conta. Pero o máis sorprendente é que nos advirte nesta misiva de que vai volver, e non só de visita senón a quedarse a vivir definitivamente na nosa biblioteca. Seguiremos informando do misterioso rato de biblioteca que procedente do lugar de BIBLIOTEQUIX pretende instalarse na nosa biblioteca para sempre.

¡CONTAMOS MOITO!...(PAIS E NAIS DE E.I.)

Imaxe
Aproveitando a primeira reunión informativa cos pais e nais de infantil entregáronse os materiais de animación á lectura "¡CONTAMOS MOITO!" e tratouse de implicar ás familias na necesidade de crear e consolidar o hábito lector nos nenos e nenas desde pequeniños. os materiais serán presentados na casa polos pais e nais aos seus fillos. serán traballados ao longo do curso na escola. invitouse aos pais/nais a pasarse pola biblioteca do cole en compañía dos seus fillos de vez en cando para ler,xogar ou realizar préstamos. tamén propuxemos visitar a biblioteca municipal como unha actividade familiar máis para facer de cando en vez.

CONTOS VIAXEIROS II

Imaxe
"AS ESTRELAS DA AMIZADE" O curso pasado presentamos durante o mes de ABRIL un novo Conto Viaxeiro que levou por título "AS ESTRELAS DA AMIZADE ". En colaboración todos os nenos e nenas da escola fixemos unha grande aventura...

CONTOS VIAXEIROS

Imaxe
Durante o curso 05/06 entre todos os nenos e nenas do colexio creamos o noso primeiro Conto Viaxeiro,presentámolo na biblioteca escolar dentro das actividades de ABRIL MES DOS LIBROS e foi un éxito total...Desde entón temos un conto de princesas escrito por nós que nos encanta ler e reler: "O MONSTRO E A PRINCESA"