Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

NOVIDADES MAIO

Imaxe
 

COLABORAMOS COA PROTECTORA DE ANIMAIS "OS BIOSBARDOS"

Imaxe
Un dos principais obxectivos do noso PDI deste curso "Seguindo as pegadas" é concienciar ao noso alumnado dos dereitos dos animais e do respecto e coidado de todos os seres vivos, desenvolvendo así a  capacidade de poñernos no seu lugar, polo que, como parte do proceso final, estamos a colaborar coa protectora de animais "Os Biosbardos" (Ponteareas), unha asociación sen ánimo de lucro que pon o seu gran de area para intentar facer un mundo máis respectuoso co medio natural e social. E para iso, precisamos de toda a vosa colaboración! Os vindeiros 28 e 31 de maio, acudirán ao centro para ofrecer unhas charlas educativas a todo o noso alumnado, e nós podemos colaborar con eles doando comida de calquer tipo para cans e gatos (preferiblemente pienso para gatos e cans cachorros).  A data máxima será o luns 31 de maio, e podedes depositar as vosas doazóns na entrada do centro.  O alumnado está tan concienciado que algunhas aulas (como as de 4 anos), están facendo campaña

15 MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

Imaxe
  O vindeiro 15 de maio celebrase o Día Internacional da Familia, unha celebración na que TODES poden participar, porque familia temos todxs e, como a nosa sociedade en xeral, cada vez son mais diversas. Se queredes recursos para traballar esta data tan importante, aquí temos preparado un stand con bibliografía nesta liña de traballo. Celebremos pola FAMILIA!

DÍA MUNDIAL DAS AVES MIGRATORIAS

Imaxe
A nosa teacher Lucía, como experta en ornitoloxía , ofreceunos unha charla telemática formativa e informativa sobre diferentes aves que podemos atopar na nosa contorna próxima, tendo en conta que o pasado 8 de maio celebrouse o Día Mundial da Ave Migratoria. Grazas a ela e o seu modo de transmitirnos as súas investigacións e coñecementos, aprendemos moitas curiosidades das diferentes aves migratorias, en especial do vencejo común, que foi elixida ave do ano 2021. Seguimos construindo así o noso PDI de centro, e agradecemos a nosa compañeira a súa intervención aportando un gran de area na concienciación da protección das especies e do noso medio. Deixamos a súa presentación en Genially:

CLUB LECTOR

Imaxe
Neste 3º trimestre púxose en marcha o Club Lector nas aulas de 4º e 5º de Educación Primaria. As aulas de 4º escolleron o libro "A lagoa das nenas mudas" , escrito por Fina Casalderrey. As aulas de 5º, pola súa parte, optaron pola lectura de "Wonder. La lección de August " , escrito por R.J. Palacio.

NOVIDADES: CÓMIC

Imaxe
Hoxe celébrase o Día Mundial do Cómic , unha xornada adicada a promover a lectura deste xénero literario, e desde a nosa biblioteca queremos fomentar e promover a lectura de cómics para todas as idades.  Estas son as últimas novidades! O noso alumnado xa está a gozar delas...