26.5.10

AS LINGUAS DA ESCOLA:
"CARAPUCHIÑA VERMELLA" MULTILINGÜE

video

Entre as familias da nosa escola fálanse moitas linguas diferentes. Neste vídeo aparecen recollidas. Os pais, nais e alumnos fixeron de narradores para conseguir unha versión multilingüe de Carapuchiña Vermella.

Para seguir a narración prestade atención ás ilustracións que realizaron todas as titorías desde infantil de tres anos ata os nenos de 6º de primaria. Na versión impresa do conto multilingüe aparecen os textos en alemán, árabe, checo, portugués a a súa traducción ao galego. Atoparédelo na estantería das LINGUAS DA ESCOLA para poder levalo en préstamo para casa.

De seguro esta versión que reflicte os diferentes acentos das diferentes linguas das familias do colexio será unha fantástica lectura para gozar en familia.

AS LINGUAS DA ESCOLA : "Little Red Riding Hood"
No curso pasado iniciamos un proxecto na biblioteca para traballar as diferentes linguas que se falan na escola, entre elas está por suposto o inglés.
Neste curso escollimos o conto de Carapuchiña Vermella como fío conductor e entre as actividades realizadas está este vídeo.
O alumnado e a profesora de inglés adicaron tempo e esforzo para preparar os textos e facer de narradores, e aquí tendes o resultado nunha versión do famosísimo conto infantil "Little Red Riding Hod"
Preparados ratiños de biblioteca para practicar o voso inglés.

MAIO, MES DAS LETRAS... MÚSICA, FESTA... EN GALEGO

25.5.10

MAIO, MES DAS LETRAS
"ESTA LINGUA NON QUERE VIVIR NA FAVELA"

Esta lingua non quere vivir na favela
porque é lingua, lume, lanterna e faro
que nos mantén vivos no ceo, dende o tempo dos avós.

Esta lingua non quere ser suburbio
porque ten unha historia inmensa de séculos luminosos
na parte de atrás
incluso
no sotaque inevitable dos corazóns resentidos que odian á nosa tribo.

Esta lingua non quere habitar nunha cidade estraña
porque está feita a man cos alicerces mansos da xente boa
na que aniñou humilde cando era o tempo dos lobos
as mesmas feras que agora volven
famentas de vinganza
dende o máis escuro das súas escuras covas.

Esta lingua quere ser música
acubillo, calma mol, circunstancia feliz.

Poderedes metela na favela
condeala ao suburbio
obrigala a residir nunha cidade estraña.

Tanto ten.
Ela foi.
Ela é.
Ela será
(Francisco Castro)

17.5.10

GUÍA DE LECTURAS...para ratiños detectives

GUÍA LIBROS ALFIN GALEGO




12.5.10

O
POETA
DO
CAUREL, PROTAGONISTA
DA
WEBQUEST


Aquí temos recén saidiña do forno a webquest sobre o homenaxeado das Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra.

Premede na foto e seguide os pasos para resolver as cuestións que se vos plantexan. Hai preguntas dirixidas ao 1º, 2º e 3º ciclo de primaria.

Que a vosa sexa unha investigación apaixonante, ratiños e ratiñas detectives!






3.5.10

ALFIN UXÍO NOVONEYRA
Desde o Ceip Condesa de Fenosa de Valdeorras chéganos unha fantástica actividade de alfabetización informacional sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2010. Prepárate para ser un verdadeiro ratiño ou ratiña de biblioteca.
Presta atención á información porque terás que resolver as actividades que che propoñen para demostrar que eres un gran ratiño investigador. Para iniciar as pescudas preme na foto do poeta Uxío Novoneyra.


CANCIÓNS PARA LER E CANTAR
"GALICIA" (Os Carunchos)

Con motivo da celebración de "Maio, Mes das Letras" propoñemos desde a biblioteca unha actividade poética e musical á vez.
Os Carunchos realizan unha versión musicada do poema "Galicia" de Manuel María que está recollido na súa obra "Os soños na gaiola", que como xa sabedes viaxou polas aulas do colexio no baúl dos libros. A continuación tendes a letra.
A LER E A CANTAR!

GALICIA DOCEMENTE ESTÁ OLLANDO O MAR
TEN VALES E MONTAÑAS E TERRAS PARA LABRAR,
TEN PORTOS MARIÑEIROS,CIDADES E LABREGOS
CARGADOS DE TRABALLOS CARGADOS DE TRAFEGOS.
GALICIA É UNHA NAI VELLIÑA SOÑADORA
NA VOZ DA GAITA RÍSE, NA VOZ DA GAITA CHORA
GALICIA É O QUE VEMOS, A TERRA O MAR E O VENTO,
PERO HAI OUTRA GALICIA QUE VAI NO SENTIMENTO

GALICIA SOMOS NÓS A XENTE E MÁIS A FALA,
SE BUSCAS A GALICIA EN TI TES QUE ATOPALA. (BIS)