Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2007

ÓPERA "A TRAVIATA" (VERDI)

400 ANOS DE OPERA

Estamos celebrando no colexio o aniversario do estreno da primeira ópera hai xa 400 anos. Aproveitando a ocasión a biblioteca ampliou os seus fondos e adquiriu varios libros de ópera (para escoitar e ler) que xa podemos desfrutar. Podedes topalos na estantería de novidades. Tamén aprendimos unha pequena poesía e desde este blogg desexámoslle un feliz aniversario a este xénero musical. FELICIDADES !!!! PODEDES LER E ESCOITAR ÓPERAS ADAPTADAS PARA NEN@S NESTE ENDEREZOO http://www.cuentameunaopera.com/

DEREITOS D@S LECTOR@S

- O dereito de non ler. - O dereito de saltar as páxinas. - O dereito de non terminar un libro. - O dereito de reler. - O dereito de ler o que sexa. - O dereito ao Bovarismo (enfermidade textual transmisible). - O dereito de ler onde sexa. - O dereito de buscar libros, abrilos onde sexa e ler un pedazo. - O dereito de ler en voz alta. - O dereito de calar. (Daniel Pennac)

O BAÚL DOS CONTOS

Imaxe
Apareceu na biblioteca un baúl...cando o abrimos levamos unha sorpresa,dentro estaba o libro "CORRE,CORRE,CABACIÑA" e unha cabaciña de verdade. Escoitamos o conto con atención e realmente gustounos moito. As ilustracións de Eva Mejuto son preciosas e nós tamén nos animamos a facer un debuxo deste conto tradicional portugués. Agardamos a que o baúl volva a aparecer pronto cunha nova historia.

A NOSA BIBLIOTECA